Escoitar

Parten cara o Reino Unido os últimos 99 alumnos do programa municipal "Vigo en Inglés 2016"

Este ano, o goberno de Vigo envía a 617 alumnos e alumnas a estudar inglés no Reino Unido e Irlanda. O alcalde anunciou este xoves que baralla aplicar no orzamento de 2017 unha "suba moi substancial e moi importante" para o programa Vigo en Inglés, co obxectivo final de atender á demanda existente.

xoves, 22 set 2016
1474547064peinador.jpg
Os dous últimos grupos de alumnas e alumnos vigueses bolseiros do programa municipal "Vigo en Inglés 2016" partiron hoxe dende o aeroporto vigués cara ao Reino Unido onde estudarán inglés.

O alcalde de Vigo despediu hoxe xoves na terminal viguesa a case un centenar de estudantes de distintos institutos vigueses, con destino ás localidades de Alphington, Richmond, Broadclyst, Exmouth, Ottery St. Marys e Bideford.

En total, 617 alumnos e alumnas gozaron este ano dunha bolsa de estudos do Concello para aprender inglés do Reino Unido e Irlanda, entre eles, alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. Caballero avanzou hoxe que, de cara ao ano que vén, o goberno que preside prevé "practicamente duplicar" o número de axudas para os usuarios da sede viguesa da EOI.

O rexedor vigués anunciou que valora incrementar a partida orzamentaria para este programa o ano próximo, "non menos dun 5%" coa finalidade de atender toda a demanda. "Quero que todos os que pidan a bolsa a teñan", apuntou Caballero, o que "seguramente significa un esforzo adicional que ao mellor xa fago o próximo ano"; significaría unha "suba moi substancial e moi importante deste programa".
Descargar todas as imaxes