Obradoiros de Igualdade
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os obradoiros "ESCRIBIR A NOSA HISTORIA" , "GRAFFITI: TÉCNICAS BÁSICAS" e "CLAVES PARA O EMPODERAMENTO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES". Os obradoiros son de de carácter gratuíto e se impartirán na Casa das Mulleres. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo e que non realizaran esta formación con anterioridade.
Inscrición previa desde o día 16 de setembro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00h.
Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .
OBRADOIRO DE ESCRITURA: "ESCRIBIR A NOSA HISTORIA"
NIVEL I – Iniciación. Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivos:
Propiciar a visibilidade do colectivo de mulleres,
Favorecer o empoderamento da nosa expresión e o recoñecemento das mulleres como protagonistas.
Fortalecer a súa identidade.
Período e horarios: venres de 18:00 a 20:30 h, desde o 30 de setembro ata o 23 de decembro
NIVEL II – Pefeccionamente. Dirixido a aquelas alumnas que teñan realizado o nivel de iniciación
Obxectivos:
Completar o proceso de empoderamento das mulleres dando máis ferramentas para enfrontarse á súa propia creatividade.
Propiciar forza e liberdade para que as participantes deseñen xuntas ou individualmente os seus propios proxectos literarios.
Período e horarios: xoves de 18:00 a 20:30 h, desde o 29 de setembro ata o 22 de decembro
OBRADOIRO "GRAFFITI: TÉCNICAS BÁSICAS"
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivos: proporcionar os coñecementos básicos para chegar a planificar e executar as distintas fases que leva consigo un proxecto de pintura con graffiti
Contidos:
Iniciación e aprendizaxe de técnicas básicas do graffiti.
Debuxo de bocetos
Iniciación ao spray (manexo do bote, presión, distintas técnicas e bocas).
Trasladar á parede os bocetos de maneira proporcionada.
Período e horarios: luns e mércores de 19:00 h a 20:30h, desde o 10 ata o 31 de outubro (sesións teóricas).
Ademais, realizaranse 4 sesións prácticas de 4 horas de duración aproximada cada unha en datas e lugares que determinará a organización.
OBRADOIRO: " CLAVES PARA O EMPODERAMENTO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES"
Dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivos: Analizar a orixe e as consecuencias das desigualdades existentes entre homes e mulleres. Definir a autoestima e o autoconcepto, analizando como o xénero inflúe na formación do noso autoconcepto e interfire na autoestima das mulleres. Fomentar a Participación socio-política das mulleres: o empoderamento.
Contidos:
- O sistema sexo-xénero e as súas consecuencias.
- Autoestima e autoconcepto.
- Resolución de conflitos.
- Empoderamento e participación cidadá. Técnicas para falar en público.
Periodo e horario: martes de 19:00 a 21:00h, desde o 4 de outubro ata o 20 de decembro.