O Concello celebra o Día Sen Coche con exposicións, charlas e actividades en Príncipe
Caballero explicou que este xoves, 22 de setembro, na rúa do Príncipe, o goberno de Vigo celebra a data con numerosas accións, ademais de facer gratuitas hoxe as liñas do bus que van ao novo hospital e as liñas 6, 12B e 18 para os usuarios que suban nas paradas do Álvaro Cunqueiro.
O Concello de Vigo súmase á celebración do Día Sen Coche con numerosas actividades na rúa do Príncipe, en horario de mañá e tarde, como unha exposición de vehículos eléctricos (coches, bicicletas, vehículos de mobilidade reducida...) que ademais farán un percorrido pola cidade para pechar esta xornada.
O alcalde, quen recordou que o seu coche oficial é eléctrico, transmitiu o importante dos modos de transporte alternativos nunha cidade humanizada na que é máis cómodo camiñar, que facilita o uso das motos e que vai potenciar a bicicleta. Caballero avanzou que se farán carrís bici, "o primeiro, desde Teis a Samil" e "nun curto espazo de tempo", asegurou.
Abel Caballero indicou que as liñas do autobús urbano H, H1 e H2 son hoxe gratuitas, igual que o serán as liñas 6, 12B e 18 para os usuarios que suban nas paradas do Hospital Álvaro Cunqueiro. O Concello emprazou un buzón de suxerencias sobre mobilidade en Príncipe e Caballero solicitou á cidadanía que envíe propostas sobre mobilidade, "porque queremos ser líderes na mobilidade do século XXI"
Na rúa do Príncipe, o Concello e organizacións e entidades colaboradoras organizan este xoves circuitos de mobilidade reducida, de habilidade, de aprendizaxe a montar en bici e de educación viaria para os máis pequenos. Por outra banda, haberá charlas sobre a semana europea da mobilidade, o vehículo eléctrico, o seguridade do peón, educación viaria, accesibilidade urbana e a bicicleta.
Descargar todas as imaxes