A Deputación apoiará ao aeroporto de Vigo con 736.000 euros para voos a Ibiza, Mallorca e Valencia
O goberno local aprobará mañá venres o convenio polo que a Deputación de Pontevedra apoiará voos no aeroporto de Vigo. Deste xeito, o organismo provincial asumirá o custo do concurso público que cubre nestes momentos as conexións con Valencia, Ibiza e Palma de Mallorca.
O rexedor deu conta da entrada da Deputación no apoio de voos no aeroporto de Vigo cun convenio de colaboración que o goberno local aprobará mañá cun importe de 736.000 euros. O obxectivo deste acordo é publicitar destiños turísticos en tres rutas: Valencia, Palma de Mallorca e Ibiza, unhas conexións que ata agora operaba Volotea a través dun contrato que remata a próxima primaveira e que volverá sair a concurso público co obxectivo de que se manteñan prezos competitivos nos billetes.
Caballero fixo fincapé na importancia de que a institución provincial apoie por fin ao aeroporto de Vigo o que demostra unha nova forma de actuar respecto á cidade, xa que agora se hai investimentos da Deputación en Vigo.