venres, 30 setembro 2016

O Concello distribúe 1.600 entradas entre diferentes colectivos da "grada cidadá" de Balaídos

A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio co Celta para retomar o reparto de entradas esta temporada entre colectivos sociais. Tamén deu o visto bo ao convenio de colaboración co Rápido de Bouzas para a cesión das instalacións deportivas, que inclúe o pagamento de 40.000 euros anuais polo canon ao Porto, e aos convenios coa Fundación Secretariado Xitano, por valor de 16.000 euros, e coa Asociación de Veciños Fonte do Galo.

Vigo promóvese como cidade de rodaxes no sector audiovisual

venres, 30 set 2016

A Vigo Convention Bureau, fundación dependente do Concello, organizou este venres o primeiro Encontro Vigo Zona de Rodaxe que ten como obxectivo potenciar a urbe como lugar de realización de produtos audiovisuais. Para Caballero "é unha forma magnífica de divulgar a cidade".

Inauguración "Mutación inducida" de Silverio Rivas

venres, 30 set 2016

O escultor Silverio Rivas (Ponteareas, 1942) presenta "Mutación inducida" na Fundación Laxeiro, unha serie de traballos de pequeno formato que dan unha visión moi diferente da obra deste artista, coñecido principalmente pola súa escultura pública de carácter monumental.

Novos cursos sobre CINE, ARTE e MÚSICA contemporánea no MARCO

venres, 30 set 2016

Nestes días continúa aberto o prazo de matrícula para dous dos cursos de adultos que se desenvolverán no MARCO nesta tempada 2016-17: novos ciclos a cargo de Ana Pereira e José Manuel López, coa colaboración de relatores invitados, que ofrecen diferentes visións e percorridos pola historia da escultura e do cinema, que terán lugar entre os meses de otubro 2016 e maio de 2017.

CONVOCATORIA DO EXAME DE OBTENCIÓN DO PERMISO MUNICIPAL DE CONDUCIÓN DE TAXIS

venres, 30 set 2016

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE TAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 25 da vixente Ordenanza municipal reguladora do servizo de taxi (BOP nº 48, de 11 de marzo de 2015) e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 24 de outubro de 2016, incluído. A documentación requirida é a seguinte: