O Pleno insta á Xunta a corrixir as deficiencias de tráfico e seguridade do Álvaro Cunqueiro
A moción presentada polo grupo socialista co apoio de Marea de Vigo e o rexeitamento do PP, demanda amais a "gratuidade inmediata" dos aparcamentos situados en consultas e urxencias. A Corporación aprobou solicitar partidas á Xunta para cubrir os patios dos colexios e desaprobou que Feijóo omitira no seu discurso de investidura a realización da conexión ferroviaria do AVE a Vigo por Cerdedo.
O voceiro socialista, Carlos López-Font, denunciou a falta de sensibilidade do goberno autonómico ante o caos de tráfico que sofren a diario os usuarios do Álvaro Cunqueiro que é "aínda peor que hai un ano" cando comezaba a funcionar o centro, algo polo que debería "pedir perdón" á cidadanía. A situación xustifica, dixo, que o Concello insista na súa petición á Xunta de Galicia para que corrixa todas as deficiencias en materia de infraestruturas viarias e de seguridade nos accesos e vías internas do Novo Hospital de Vigo garantindo a total gratuidade dos dous aparcamentos situados en consultas e urxencias como medida inmediata.
Rubén Pérez, voceiro de Marea, criticou os "accesos e ubicación desastrosos" do centro aludindo á responsabilidade do Goberno municipal nesta cuestión, polo que o instou a pedir perdón á veciñanza. Miguel Fidalgo, concelleiro popular, acusou ao alcalde de incumprir o seu anuncio de que non se poñerían multas polo mal aparcamento na contorna do hospital, un punto que foi rebatido polo edil López Font asegurando que as multas son postas pola concesionaria do hospital. A moción socialista foi apoiada por Marea de Vigo e rexeitada polo grupo municipal do Partido Popular.
Demanda de cubrición dos patios dos colexios
A Corporación deu luz verde á moción do grupo municipal socialista, co apoio de Marea de Vigo e o voto en contra do PP, na que se insta á Xunta de Galicia a incluír nos seus orzamentos de 2017 unha partida idéntica á que figura nos presupostos do Concello para o vindeiro ano co fin de cubrir os patios dos centros educativos da cidade. A concelleira de Educación, Olga Alonso, defendeu a necesidade de acometer estas melloras para facilitar a práctica deportiva nos centros e a vida ao aire libre do alumnado e incidiu no esforzo do Concello que ten asumido estas obras ante a falta de iniciativa da Xunta de Galicia.
Ademais, o Pleno acordou desaprobar a omisión por parte do presidente da Xunta de Galicia da realización da conexión ferroviaria de Alta Velocidade entre Vigo e Ourense por Cerdedo no seu discurso de toma de posesión. A moción socialista, que saíu adiante coa abstención de Marea e dos populares, foi defendida polo concelleiro David Regades que considerou esta infraestrutura como básica para Vigo e a súa área metropolitana cuxo proxecto leva paralizado polo goberno central os últimos cinco anos.