venres, 2 dec 2016
O Vigo emprega 2017 estará dotado de 1,5 millóns e permitirá contratar a 230 persoas durante seis meses, explicou esta mañá Abel Caballero. Os primeiros beneficiarios deste programa municipal empezarán a traballar no mes de marzo.
venres, 2 dec 2016
O alcalde e o director de PSA Peugeot Citroën Vigo, Frederic Puech, asinaron este venres un convenio de colaboración para o fomento do emprego por un importe de 300.000 euros que, segundo explicou Caballero, se destinarán á contratación de 60 persoas, menores de 30 anos preferentemente, co único requisito de estaren empadroados na cidade porque "é un plan de emprego de Vigo", recalcou. Así, establécese unha axuda municipal de 5.000 euros por posto contratado durante un período mínimo de 6 meses.
venres, 2 dec 2016
Contacontos, concertos, teatro, animación na rúa, a pista de xeo, obradoiros e actividades infantís e para maiores e panxoliñas encherán a cidade durante a época navideña coa Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro como acto destacado e co Dinoseto e o mundo xurásico como protagonistas. O acendido das luces será este sábado ás 19:00 horas na Porta do Sol.
venres, 2 dec 2016
O rexedor reiterou esta mañá que "é preciso avanzar todos xuntos, nunha loita colectiva en favor dos dereitos das persoas con discapacidade". Así o indicou nun acto organizado na Praza do Rei no que participaron usuarios de APAMP, ASPANAEX e San Rafael para conmemorar o Día Mundial da Discapacidade que se celebra mañá. Na súa intervención, indicou que non "hai desculpas que xustifiquen os recortes en políticas a prol das persoas con discapacidade".
venres, 2 dec 2016
Abel Caballero reuniuse este venres con traballadores do Comité de Empresa e co responsable de Recursos Humanos de Borgwarner con quen se comprometeu a analizar a opción de ampliar as prazas de aparcamento dispoñible para o persoal da mesma, así como a estudar o establecemento dunha parada do transporte urbano na contorna da factoría nos horarios de entrada e saída do persoal. O alcalde puxo en valor a capacidade empresarial da multinacional que ten, dixo, un cento de empregados de alto valor engadido e que desenvolve proxectos de I+D aplicados ao automóbil.
venres, 2 dec 2016
Ambos certames foron presentados este venres no Consistorio polo concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e polos seus responsables: Jesús Nieto e Susana Santeiro, que convidaron á cidadanía a sumarse cos seus retratos. O Maratón e o Concurso únense neste 2016 para incrementar a participación e co fin de expoñer as obras de forma conxunta na Casa das Artes.