Escoitar

O rexedor salienta o "alcance e e calidade" da programación de Nadal do Concello

Contacontos, concertos, teatro, animación na rúa, a pista de xeo, obradoiros e actividades infantís e para maiores e panxoliñas encherán a cidade durante a época navideña coa Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro como acto destacado e co Dinoseto e o mundo xurásico como protagonistas. O acendido das luces será este sábado ás 19:00 horas na Porta do Sol.

venres, 2 dec 2016
1480694600festas.jpg
Abel Caballero de conta este venres das actividades da programación de Nadal do Concello "intensa, de grande alcance e grande calidade" con propostas para maiores e pequenos en toda a cidade e cunha temática centrada no mundo xurásico, co Dinoseto grande e pequeno como protagonistas.

O Auditorio Mar de Vigo acollerá talleres e xogos para cativos baixo o nome Parque Xurásico de Nadal do Concello, entre o 26 e o 30 de decembro e o 2 e 5 de xaneiro, que son gratuítos ata completar aforo e que se desenvolven entre as 11:30 e as 13:30 horas do mediodía e entre as 16:30 e as 20:30 horas do serán.

O Carteiro Real e o seu séquito estarán animando as rúas nas zonas comerciais de Bouzas, Praza América e Independencias, O Calvario, Teis, O Progreso, Príncipe e o Casco Vello. Tamén visitará bibliotecas, asociacións veciñais e barrios.

A programación de Nadal do Concello inclúe unha ampla oferta musical con recitais de Bandas de Música e Corais Polifónicas en diferentes espazos. No Teatro Afundación, concerto da Unión Musical de Valladares e a Banda de gaitas Xarabal o 4 de decembro ás 19:30 horas e o 11 de decembro Ao Son das Bandas de Música coa SCD Atlántida de Matamá, Unión Musical de Coruxo e Escola de Música de Beade dende as 18:00 horas.

No Auditorio Mar de Vigo celébrase o Festival Ao Son de Vigo Rey Rivero o 4, 6 e 8 de decembro ás 18:00 horas da tarde. O 28 de decembro ás 20:30 haberá concerto da Banda de música Unión musical de Valadares e do Orfeón Rey Rivero e o 29 de decembro, á mesma hora, tocan a Agrupación musical Atlántida de Matamá e o Orfeón Airiños de Vigo.

Por último, o Auditorio Municipal acolle varios concertos de panxoliñas ás 20:30 horas do serán: o 20 de decembro a cargo das Coralis polifónicas Cidade de Vigo, Santa Clara de Lavadores, SCD Nautilius de Comesaña e San Pelayo de Navia; o 21 da man das Corais polifónicas Anduriña de Coruxo, O Coto de Carballal e CVC de Valadares; o día 22, recital da Banda de música UVCD Candeán e a Coral polifónica UVCD Candeán e o 23 de decembro, a Banda de música Unión Musical de Cabral e a Coral polifónica ACDV Cabral. Ademais haberá sesión de panxoliñas en centros de maiores.

Participación dos nenos vigueses na Cabalgata
O Concello pon en marcha un ano máis o concurso "Vente cos Reis Magos" co que os nenos e nenas da cidade poderán acompañar ás súas Maxestades de Oriente na cabalgata. Segundo informou o alcalde, o prazo de inscrición remata o 16 de decembro. As solicitudes deben depositarse nas caixas de correos do Carteiro Real situadas na lonxa do Concello e nos Centros municipais de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns. O sorteo farase no Auditorio municipal o día 22 de decembro ás 12:00 horas.

O Nadal municipal tamén organiza para os máis pequenos e pequenas da casa sesións de contacontos en toda a cidade: Casco Vello, Auditorio municipal, Casa da Xuventude, Travesas, Florida, Castrelos, Coia, Bouzas, Calvario, Biblioteca Neira Vilas, Lavadores, Teis, Navia, Saiáns, Matamá, Valadares, Beade e Bembrive, entre o 17 de decembro e o 4 de xaneiro. Haberá teatro familiar no Auditorio Municipal coa obra "As tres raíñas magas" da compañía Grupo Expressión, o 18 de decembro en sesións de 12:00 da mañá e 18:00 da tarde.

Ademáis ata o 22 de xaneiro estará en funcionamento a pista de xeo de Samil, Navia acollerá a terceira edición de obradoiros infantís VIGOLK e o IFEVI, Vigolandia entre o 26 e o 30 de decembro.
Abel Caballero informou tamén do percorrido que realizará a Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro, con saída dende a rúa Areal (desde a rotonda de Isaac Peral), Oporto, García Barbón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e Elduayen. Ese mesmo día as súas Maxestades de Oriente visitarán pola mañá os hospitais da cidade e centros asistenciais para estas cos nenos, tamén o Centro de emerxencias para mulleres vítimas de violencia de xénero. Ao mediodía, estarán cos pequenos no Auditorio Municipal e ás 17:00 horas serán recibidos na Porta do Sol pola autoridades. Todas as carrozas municipais do desfile empregarán caramelos sen glute e, a metade deles, serán sen glute e sen azucre.

Ademais, o rexedor emprazou a toda a cidadanía a asistir mañá sábado 3 de decembro ao acendido das luces de Nadal da Porta do Sol, o acto que dará comezo oficialmente ao Nadal vigués, con música en directo e sorpresas tamén na árbore.
Descargar todas as imaxes