A unanimidade do Pleno insta ao Goberno e á Xunta a converter en urbano o último tramo da AP9
A moción presentada polo grupo municipal socialista recibiu o apoio dos populares de Marea de Vigo polo que a demanda será trasladada ao Ministerio de Fomento para que acometa con urxencia as actuacións necesarias. Os tres grupos municipais aprobaron tamén a moción socialista para demandar ao Imserso que reverta a decisión de reducir as viaxes de maiores que saen dende Peinador. <br />
A Corporación Pleno reclamará aos Goberno Central e Autonómico, ao Ministerio de Fomento e á propia concesionaria a que leve a cabo, de forma urxente, as actuacións necesarias para a consideración de vía urbana do tramo da AP9 comprendido entre o nó da Avenida de Bos Aires e a rúa Alfonso XIII, realizando os accesos necesarios e minorando o impacto acústico da mesma.
O concelleiro David Regades defendeu na exposición da moción, aprobada pola unanimidade da Corporación, que é unha demanda da "colectividade de Vigo" e unha "necesidade real" así como unha demanda antiga para a que chegou "o tempo dos feitos", confiando en que o novo Goberno Central sexa capaz de cumprir coa conversión do tramo en urbano e de facer dúas rotondas na zona da Avenida de Bos Aires.
O edil popular, José Manuel Figueroa reclamou que na moción se incluíran outras infraestruturas como o túnel de Julián Estévez sen conseguir o apoio dos outros dous grupos. Rubén Pérez de Marea de Vigo, esixiu prazos e presupostos concretos para desenvolver as obras necesarias e incidiu na petición da transferencia a Galicia da autopista.
Petición para o aumento das viaxes do IMSERSO desde Vigo
Por unanimidade quedou aprobada tamén a moción presentada polo grupo do PSdG-PSOE instando ao Goberno Central a adoptar as medidas necesarias para garantir que dende o IMSERSO se reverta a inaceptable decisión de reducir os voos con saída dende o aeroporto de Peinador do programa de turismo 2016-2017.
A concelleira Laura Iglesias expuxo que para esta temporada hai programados 38 voos desde Vigo, fronte aos case 100 do ano anterior, o que supón unha oferta de 5.000 prazas fronte ás 28.000 do pasado exercicio. Sinalou o agravante de que o IMSERSO só oferta na provincia traslados a Santiago desde Pontevedra, obrigando aos maiores a ter que desprazarse con medios propios ata Pontevedra ou mesmo Santiago para coller os avións, prexudicando a milleiros de usuarios de Vigo e da súa contorna e discriminando á terminal olívica.
A proposta socialista acadou o apoio dos grupos da oposición malia que o popular Diego Gago sinalou que a decisión dos voos non é política senón das axencias de viaxes e que Rubén Pérez de Marea de Vigo apuntou que tamén hai que formalizar unha queixa sobre a xestión do programa de vacacións de maiores.