venres, 11 nov 2016
As obras renovarán os pavimentos, a iluminación, as xardineiras e o mobiliario urbano así como o saneamento e abastecemento. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a redacción do proxecto de renovación da rede de abastecemento de Teis nas zonas de Mimosa, Xorxa e Arnela e a adxudicación da xestión do albergue á Cruz Vermella por un prezo superior aos 3 millóns de euros.
venres, 11 nov 2016
O alcalde recibiu a unha representación dos 23 deportistas vigueses beneficiarios das axudas municipais para competicións de alto nivel, tanto en Europa como no resto do mundo ou das olimpíadas e paraolimpíadas, para a temporada 2015-2016. As mozas e mozos vigueses de diferentes idades e especialidades recibiron do Concello un total de 33.000 euros e foron eloxiados polo alcalde, quen se amosou "satisfeito" polo labor que realizan e anunciou que seguirá apoiando o deporte da cidade.
venres, 11 nov 2016
O alcalde animou esta mañá a todo Vigo a participar nas distintas accións de promoción da hostalería que se están a desenvolver na cidade. Concretamente, hoxe entregáronse os premios da Ruta de Pinchos de Teis e o próximo 18 de novembro arrancará Seguimos de tapas en Rosalía de Castro e García Barbón, entre outras rúas do arredor.