luns, 8 mar 2004
O pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe por aclamación conceder a medalla da cidade de 2004 á Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado e Mariscos (ANFACO) "en recoñecemento a súa prolongada labor de 100 anos a prol da primeira industria da cidade". A medalla entregarase o próximo día 27 de marzo no transcurso dunha cerimonia con motivo do Día da Reconquista.
martes, 2 mar 2004
O Pleno da Corporación aprobou hoxe por unanimidade o convenio específico de colaboración entre o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca para a constitución dunha sociedade mercantil encargada, entre outras cousas, da rehabilitación e revitalización do centro de Vigo, a planificación, execución e xestión do proxecto de aparcadoiros públicos urbanos así coma o desenvolvemento de actuacións socio-turísticas, actos culturais e outros proxectos na cidade.
venres, 27 feb 2004
93 expededientes tramitou o Valedor do Cidadá no ano 2003 segundo se desprende do informe que presentou o seu titular, Luis Espada , ante ó pleno da Corporación que se reunión hoxe en sesión extraordinaria.
luns, 23 feb 2004
A Corporación Municipal aprobou hoxe en sesión plenaria, coa abstención do grupo municipal socialista, o convenio de colaboración entre o Concello e Renfe para a construcción da nova estación de ferrocarril de Vigo.
venres, 20 feb 2004
O luns, día 23, a partir das nove da mañá, reunese en sesión plenaria a Corporación Municipal, no salón de plenos do Concello de Vigo.
luns, 16 feb 2004
A Corporación Municipal celebrou hoxe un pleno no que se sortearon a formación das mesas electorais para as vindeiras eleccións xerais que se celebrarán o 14 de marzo.
luns, 26 xan 2004
A Corporación municipal aprobou as mocións presentadas no Pleno sobre a ampliación de horarios na Biblioteca Central; a continuación de actividades no Centro Elduayen de Información; dotacións de servicios na Florida , licitación de proxectos de ampliación do saneamento en Zamáns e Valadares, entre outras.
venres, 23 xan 2004
O luns día 26 a partir das nove da mañá dará comezo o pleno ordinario do mes de xaneiro. Na orde do día figuran 19 asuntos entre os que destaca a presentación do novo plan municipal de emprego 2004-2007.
luns, 19 xan 2004
A Corporación Municipal reuniuse hoxe en sesión plenaria na que se deu conta de diversos decretos asinados pola Alcaldía como a delegación de competencias dos concelleiros e a relación de presidentes e vicepresidentes das Comisións Informativas.
venres, 16 xan 2004
O luns 19 de xaneiro celebrarse un pleno de carácter extraordinario a partir das nove da mañá no que se dará conta de distintos decretos asinados pola Alcaldía.