A Corporación celebra dous plenos o luns
A Corporación Municipal celebra o luns, día 25, dous plenos; un de carácter extraordinario ás 11:30 horas no que se tratará a adhesión do Concello de Vigo á Carta de Vitoria. A continuación terá lugar o pleno ordinario correspondente ao mes de abril.
O primeiro dos plenos refírese á adhesión do Concello de Vigo ao acordo unánime adoptado pola Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias co gallo da conmemoración dos 26 anos da constitución dos Concellos democráticos.
A continuación terá lugar a sesión plenaria correspondente ao mes de abril cos seguintes asuntos:
1.- Acta anterior. (Sesión ordinaria 31.01.05 e extraord. 21.02.05)
URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
2.- Aprobación definitiva da modificación puntual do PERI da Praza Elíptica. Expte. 4414/401.
3.- Cambio de uso dotacional no polígono 1 do PERI II.12 A Florida B, para piscina municipal. Expte. 8643/411.
4.- Aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial de Navia. Expte. 7849/411.
XESTIÓN MUNICIPAL
5.- Nomeamento de representantes da Corporación na Comisión de Valoración para cobertura dun posto de técnico medio de Servizos Económicos. Expte. 100506/140.
6.- Adhesión do Concello ó "Convenio de colaboración entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Federación Española de Municipios e Provincias en materia de intercambio de información tributaria e colaboración na xestión recadadora coas entidades locais". Expte. 224/500.
7.- Dar conta de execución orzamentaria correspondente ó 1º trimestre de 2005.
8.- Dar conta da liquidación do orzamento correspondente ó exercicio de 2004 do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos.
9.- Modificación de crédito núm. 18/2005 (crédito extraordinario e suplemento de crédito).
ASUNTOS SOCIAIS
10.- Ratificación da nova carta da Asociación Internacional de Cidades Educadoras (AICE).
MOCIÓNS
11.- Moción do Grupo municipal do PG instando o establecemento dun plan de acollida de nenos saharauis.
12.- Moción do Grupo municipal do BNG relativa a diferentes actuacións na Avenida Atlántida.
13.- Moción do Grupo municipal do BNG solicitando a suspensión de acordo plenario do 29.11.05 relativo a denominación de rúas do ámbito do plan parcial de Navia.
14.- Moción do Grupo municipal do BNG instando diversas actuacións no barrio de Teis.
15.- Moción do Grupo municipal do BNG propoñendo a construcción de beirarrúas na parroquia de Valladares.
16.- Moción do Grupo municipal do BNG propoñendo instar á Xunta de Galicia para que, a través do Sergas, se garanta a prestación da interrupción voluntaria do embarazo (IVE) no complexo hospitalario de Vigo.
17.- Moción do grupo Socialista sobre o aforro e xestión responsable da auga.
18.- Moción do grupo Socialista instando a inclusión de cláusulas medioambientais nos pregos de condicións.
19.- Moción do grupo Socialista instando a que dentro do proxecto de remodelación da Travesía de Vigo se inclúa o soterramento de contedores.
20.- Rogos e preguntas.