venres, 22 abril 2005

Os maiores visitan o campus universitario

venres, 22 abr 2005

A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias e o xefe de servizo do Vicerreitorado de Extensión Universitaria, Ricardo Corderí Salgado, recibiron ao colectivo de persoas maiores da Asociación Ledicia de Beade que realizaron unha visita ao campus vigués. Esta actividade forma parte dun programa de colaboración entre as dúas institucións de visitas guiadas destinadas a grupos de persoas maiores da cidade.

A Corporación celebra dous plenos o luns

venres, 22 abr 2005

A Corporación Municipal celebra o luns, día 25, dous plenos; un de carácter extraordinario ás 11:30 horas no que se tratará a adhesión do Concello de Vigo á Carta de Vitoria. A continuación terá lugar o pleno ordinario correspondente ao mes de abril.