O Pleno aproba os nomeamentos e retribucións dos corporativos

martes, 17 xul 2007

A nova Corporación municipal celebrou a primeira sesión convocada con carácter extraordinario na que se deu conta da constitución dos grupos políticos municipais, dos nomeamentos do tenente de alcalde e dos membros da Xunta de Goberno Local, de delegación de atribucións en concelleiros e representantes nos organismos autónomos municipais, no museo "Quiñones de León, na Mancomunidade e nos padroados de fundacións e entidades públicas.

Abel Caballero, novo alcalde de Vigo

sábado, 16 xuñ 2007

O candidato socialista Abel Caballero é dende o 16 de xuño novo alcalde de Vigo, gracias ao apoio dos concelleiros e concelleiras do seu grupo e do nacionalista. O acto de constitución da nova Corporación e elección do alcalde celebrouse ás doce do mediodía no auditorio do Concello, habilitado para a ocasión como sala de plenos.