A Obra Social "La Caixa" e o Grupo Incorpora Galicia promoven a contratación de persoas en risco de exclusión entre as empresas viguesas

venres, 4 xuñ 2010

O concelleiro de Promoción Económica participou hoxe venres na presentación. A entidade financeira organiza, no marco de programa Incorpora da Obra Social e en colaboración do Grupo Incorpora Galicia, unha xornada sobre responsabilidade social corporativa e presenta aos empresarios vigueses a rede creada no marco deste proxecto, que incentiva a integración laboral de persoas con dificultades para atopar traballo.

Santos Héctor sinala que o novo Banco do Tempo do Concello conta xa con 60 participantes

martes, 27 abr 2010

O concelleiro de Participación Cidadá presentou este martes esta iniciativa cidadá, gratuita, aberta a todos e articulada en torno aos Centros Cívicos do Casco Vello, Teis, Saiáns e Coruxo. "Todo o mundo ten algo que ofertar", apuntou o edil, quen explicou que cada participante ofrece un servizo ou coñecemento durante unhas horas, que quédanlle almacenadas como crédito para cando as precise.

O alcalde asinou convenios con tres asociacións veciñais por valor de 18.000 euros

mércores, 30 dec 2009

Abel Caballero -xunto co concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor- rubricou este mércores sendos convenios de colaboración coas Asociacións Veciñais Pontenova-Freixeiro, A Nosa Terra de Alcabre e Monte da Mina de Castrelos, por un valor total de 18.000 euros. Os acordos responden ao mantemento do local e da actividade nos dous primeiros casos e a xestión do viveiro de asociacións no último caso.

Participación Cidadá organiza durante o Nadal actividades lúdicas para nenos entre 3 e 12 anos

mércores, 16 dec 2009

O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, presentou hoxe mércores as actividades para un total de 120 nenos que vai organizar o seu departamento durante a época do Nadal. As ludotecas desenvolveranse do 23 de decembro ao 8 de xaneiro nos Centros Cívicos de Teis, Saiáns e Coruxo en horario de mañá. A inscripción dos participantes e de balde no teléfono gratuito 010. O edil salientou a "aceptación cidadá" destas medidas polo que decidiu amplialas ao Nadal con 6.000 euros de investimento.

El alcalde firma sendos convenios con las asociaciones vecinales de Alcabre y "Monte de la Mina"

martes, 9 dec 2008

El alcalde, Abel Caballero, y el edil de Participación Ciudadana, Santos Héctor, firmaron este martes dos convenios con las Asociaciones de Vecinos de Alcabre y "Monte de la Mina", en Castrelos, como "parte de las relaciones continuas y permanentes" del gobierno y de la Alcaldía con las asociaciones con proyectos para la ciudadanía, explicó el regidor. <br />

A Oficina Municipal de Voluntariado inicia un programa de formación medioambiental

luns, 20 out 2008

O edil de Participación Cidadá, Santos Héctor, presentou este luns as liñas principais do convenio asinado coa Asociación Fontaiña, polo que se formará aos voluntarios que o soliciten en medioambiente. Ata o momento, son xa 165 os apuntados para participar, aínda que está aberto a todos aqueles que queiran anotarse na Concellería. Algunhas das actividades son a vixilancia ambiental do litoral e do Lagares.