Participación Cidadá organiza durante o Nadal actividades lúdicas para nenos entre 3 e 12 anos
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, presentou hoxe mércores as actividades para un total de 120 nenos que vai organizar o seu departamento durante a época do Nadal. As ludotecas desenvolveranse do 23 de decembro ao 8 de xaneiro nos Centros Cívicos de Teis, Saiáns e Coruxo en horario de mañá. A inscripción dos participantes e de balde no teléfono gratuito 010. O edil salientou a "aceptación cidadá" destas medidas polo que decidiu amplialas ao Nadal con 6.000 euros de investimento.
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, presentou este mércores as actividades lúdicas programadas polo seu departamento para o periodo de Nadal, destinadas a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos.
Entre o próximo 23 de decembro e o 8 de xaneiro, o Concello pon a disposición dun total de 120 rapaces actividades de animación infantil -como o baile, canto, cartelería ou pinturas, entre outras- relacionadas co Nadal. Os participantes serán divididos en dous grupos por tramos de idade: entre os 3 e os 8 anos, e entre os 8 e os 12.
As actividades, segundo explicou o socialista, terán lugar nos centros cívicos de Teis, Saiáns e Coruxo en horario de mañá, entre as 10 e as 13 horas. A inscripción é de balde no teléfono gratuito 010 e reservaránse as prazas por orde de chamada. O Concello destina a esta medida 6.000 euros para os monitores e o material para a infancia.
Santos Héctor asegurou que estas ludotecas, que antes celebrábanse únicamente no verán, ampliáronse ao Entroido e ao Nadal pola ampla "aceptación cidadá" dos pais e nais, e sobre todo das familias monoparentais, que teñen así máis fácil conciliar os seus fillos coa súa vida en periodos non lectivos.
Descargar todas as imaxes