xoves, 17 decembro 2009

O alcalde salienta que a humanización do entorno de POVISA supón unha "mellora para o comercio" e a veciñanza

Abel Caballero presidiu este xoves a apertura das rúas Zamora, Illas Baleares e Canarias, e Valencia, no que supón a primeira fase completamente humanizada do entorno de POVISA. A reforma,a convertiu "nunha das grandes zonas da cidade", asegurou o alcalde, quen asegurou que o entorno, agora e fai un ano, "son dúas cidades distintas". Nestas rúas plantáronse preto de 500 árbores, 150 xardiñeiras e uns 300 puntos de luz.

Santi Domínguez di que Ecolingua é unha ferramenta básica para "desterrar falsidades sobre a imposición do galego"

xoves, 17 dec 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este xoves o primeiro Simposio Internacional Ecolingua, organizado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), que se celebrará ata o vindeiro sábado 19 de decembro no Centro Social Caixanova. Na súa intervención, o concelleiro destacou que estas xornadas son ferramentas básicas para "desterrar falsidades sobre a imposición do galego".<br /> <br />

Presentación pública do proxecto de musealización do xacemento de O Castro

xoves, 17 dec 2009

O equipo de Patrimonio Histórico, co concelleiro-delegado da área Eudosio Álvarez á cabeza, presenta hoxe xoves o proxecto de musealización do xacemento de O Castro, nun acto que se celebrará ás 20 horas no edificio municipal da rúa Areal nº 46 (antigo reitorado). No acto, os distintos integrantes do equipo explicarán as liñas básicas do proxecto, a súa orixe, os aspectos das actuacións arqueolóxicas e o sistema de visitas.

Normalización e Benestar editan unha guía en galego e inglés coas expresións máis habituais do ámbito sanitario

xoves, 17 dec 2009

As concelleiras de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, e Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves a nova guía de "Expresións habituais en inglés no ámbito sanitario galego", incluida dentro do Plan de Competitividade Turística de Vigo. Na presentación, na que tamén participaron os autores Diego Sanmartín, licenciado en Filoloxía Inglesa, e Jorge Cameselle, doutor en Medicina e Cirurxía, as nacionalistas salientaron que esta iniciativa "da resposta a unha necesidade" nun ámbito como o da sanidade no que o uso do galego é baixo.

O Catálogo Universal de Laxeiro vai a permitir a promoción do pintor galego en todo o mundo

xoves, 17 dec 2009

O legado artístico de Laxeiro convertese no primeiro recollido nun Catálogo Universal que foi presentado onte nas instalacións do Centro Cultural de Caixanova en Vigo, dentro dun acto ó que asistiron representantes de diferentes ámbitos da vida galega. A publicación, editada por Galicia Nova, en galego, castelán e inglés reúne 3.581 obras de Laxeiro recollidas no papel e en formato DVD.

Educación do Concello programa a obra de teatro en inglés para escolares "TEDDY BEAR"

xoves, 17 dec 2009

A campaña didáctica de teatro en inglés para escolares que se inclúe no programa educativo municipal "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" remata o venres 18 de decembro ás 11,00 horas no Auditorio Helios de Bembrive. Á escenificación desta versión en grande formato da obra "Teddy Bear" especialmente deseñada para o seu uso didáctico asistirán 350 escolares de 5º e 6º de primaria de 9 centros de ensino da nosa cidade.<br />