Escoitar

A Fundación Laxeiro presenta o Catalogo Universal de Laxeiro

A publicación, composta por tres tomos é unha combinación de goce para a vista e rigor para o estudo. Os dous primeiros tomos, compostos por máis de 300 páxinas cada un, recollen unha selección dunhas 500 obras, magníficamente reproducidas e acompañadas por unha ficha técnica básica. Ademais, inclúen diversos textos sobre a figura e a obra de Laxeiro e unhas 25 pezas comentadas por especialistas de primeira fila. O terceiro tomo inclúe a reproducción reducida de todo o corpus que forma a obra de Laxerio, unhas 3.580 referencias, e un DVD no que se clasifica cada unha das obras, cunha completa ficha técnica que inclúe imaxe, título, data, técnica, medidas, inscricións e bibliografía e diferentes posibilidades de busca.

mércores, 16 dec 2009
1260966607laxeirocatalogo.jpg
Este proxecto é a culminación dun traballo que a Fundación Laxeiro ven realizando dende a súa constitución en 1999 hasta a actualidade e pretende ser a ferramenta fundamental para a profundización no traballo de Laxeiro e a súa reubicación no panorama artístico universal do século XX.

A aposta da Fundación Laxeiro, instada polo seu secretario xeral, de realizar un catálogo que fose unha mestura de divulgación e información e que poidese poñer, nun único soporte, o goce da contemplación de reproduccións de gran formato dunha selección en papel, realizada por Antón Pulido, das mellores obras de Laxeiro, así como a reprodución en formato dixital das 3.580 pezas que constitúen a totalidade da obra, foi posible grazas ao apoio do Presidente da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura, a Concellería de Cultura do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e as empresas que apoiaron desde o principio, entre as que destaca Caixanova, conscentes de que se trataba dunha publicación fundamental para poñer en valor a nosa arte e convertir a Laxeiro en embaixador da nosa cultura ao tempo que reivindica o xusto recoñecemento a un dos artistas españois máis significativos do século XX.

O acto de presentación contará coa presencia de:
Alberto Núñez Feijoo. Presidente da Xunta de Galicia e Presidente de Honra da Fundación Laxeiro
Xesús López Carreira. Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo e Presidente Delegado da Fundación Laxeiro
Julio Fernández Gayoso. Presidente de Caixanova
Carlos García-Suárez Otero. Director Xeral da Fundación Laxeiro
Carlos del Pulgar Sabín, Director Xeral de Nova Galicia Edicións
Antón Pulido Novoa. Director da publicación
Descargar todas as imaxes