mércores, 16 dec 2009
O tenente de alcalde destacou este mércores que o novo Centro Galego de Fotografía, que se ubicará nun inmoble da rúa Eduardo Chao recentemente adquirido polo Concello de Vigo, dará resposta a unha "demanda histórica da cidade". Nunha visita ao espazo no que se instalará esta nova dotación cultural o concelleiro afirmou que o Centro Galego de Fotografía albergará a colección do Arquivo Pacheco, así como os fondos das diferentes Fotobienais celebradas en Vigo e outra coleccións que se irán adquirindo.
mércores, 16 dec 2009
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, presentou hoxe mércores as actividades para un total de 120 nenos que vai organizar o seu departamento durante a época do Nadal. As ludotecas desenvolveranse do 23 de decembro ao 8 de xaneiro nos Centros Cívicos de Teis, Saiáns e Coruxo en horario de mañá. A inscripción dos participantes e de balde no teléfono gratuito 010. O edil salientou a "aceptación cidadá" destas medidas polo que decidiu amplialas ao Nadal con 6.000 euros de investimento.
mércores, 16 dec 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores a Fundación IgualArte como a entidade á que se doará parte da recaudación da feira Espacio Atlántico-Puro Arte, convocatoria na que van a participar 53 galerías de España e Portugal, entre 14 e 17 de xaneiro de 2010 no Instituo Feiral de Vigo (IFEVI).
mércores, 16 dec 2009
A publicación, composta por tres tomos é unha combinación de goce para a vista e rigor para o estudo. Os dous primeiros tomos, compostos por máis de 300 páxinas cada un, recollen unha selección dunhas 500 obras, magníficamente reproducidas e acompañadas por unha ficha técnica básica. Ademais, inclúen diversos textos sobre a figura e a obra de Laxeiro e unhas 25 pezas comentadas por especialistas de primeira fila. O terceiro tomo inclúe a reproducción reducida de todo o corpus que forma a obra de Laxerio, unhas 3.580 referencias, e un DVD no que se clasifica cada unha das obras, cunha completa ficha técnica que inclúe imaxe, título, data, técnica, medidas, inscricións e bibliografía e diferentes posibilidades de busca.