luns, 14 dec 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este luns as sétimas xornadas do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións que se celebran hoxe e mañá baixo o título "Conductas adictivas e inclusión social" e que reúne a 150 participantes. No acto, que tamén contou coas intervencións da concelleira de Benestar Social, María Méndez, e a xefa territorial da Consellería de Sanidade, Ángeles Feijoo, o nacionalista afirmou que o PLDA é "bo exemplo" do traballo planificado e dende a implicación de todos os sectores relacionados que está a desenvolver a Concellería de Benestar Social.
luns, 14 dec 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presidiu este luns o sorteo das semifinais da XX edición da Supercopa de España de Fútbol Sala, que se celebrará os vindeiros 7 e 8 de xaneiro no pavillón de As Travesas. No acto, que determinou o enfrontamento de El Pozo Murcia Turística co F.C. Barcelona na primeira semifinal e o Inter Movistar co Xacobeo 2010 Lobelle Santiago na segunda, o tenente de acalde afirmou que a celebración deste evento ten por obxectivo que Vigo se sitúe "no máis alto" e que sirva para "potenciar o deporte base".
luns, 14 dec 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este luns a necesidade de seguir afondando nas actividades de dinamización do comercio de Vigo, especialmente nun contexto de crise como o actual. Así o afirmou na inauguración da exposición de pintura de Xavier Lemos Godoy que tivo lugar esta mañá, organizada pola asociación Aetravi. <br />