"Heiche contar un conto" no Verbum
Os sábados 12 e 19 de decembro terá lugar no museo Verbum - Casa das Palabras a actividade didáctica "Heiche contar un conto" a cargo do actor e músico Manolo Panforreteiro acompañado de dous músicos. Son dos espectáculos baseados en contacontos acompañados de música en directo e dirixidos a todos os públicos. A actividade con entrada gratuíta ata completar aforamento, terá lugar de 12 a 13 horas.
O músico e actor Manolo Panforreteiro acompañado do acordeonista Vadim Yukhnevich e da violinista Tania Capón presentan uns espectáculos baseados en contacontos acompañados de música en directo e dirixidos a un público familiar.
SÁBADO 12
"CONTANDO AOS SETE VENTOS" (DE MARES, CONTOS E VENTOS)
O mar é diferente en cada praia. Así tamén estas historias van mudando. En cada porto
deixan algo novo que rescata o anterior. Estes contos son encontros que viaxan coas
súas músicas, coas súas sonoridades agochadas en pequenas cousas, cos seus soños.
SÁBADO 19
"A ÁRBORE DAS TRES TORONXAS"
Un rapaz paseando atopou unha meiga a carón dun regato... Tres toronxas e tres
artistas acompañaranos nunha viaxe que nos levará, entre músicas a atoparnos con
meigas e casas nas que viven o Sol, a Lúa, as Estrelas e o Vento.
Descargar todas as imaxes