venres, 11 dec 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres a reforma da rúa Gamboa, que pecha a primeira fase da recuperación do entramado viario Casco Vello. Domínguez anunciou que este remate é só "un punto é aparte", que terá continuidade no ano 2010 con novos proxectos. No acto, que contou que diversos membros da corporación municipal, Santi Domínguez lembrou que Gamboa é a última das 19 rúas remodeladas neste ano, pero asegurou que os orzamentos do vindeiros exercicio contemplan xa novas actuacións no barrio histórico da cidade co obxectivo de que a finais de 2010 "todas as rúas do Casco Vello estean reformadas e renovadas".
venres, 11 dec 2009
Os sábados 12 e 19 de decembro terá lugar no museo Verbum - Casa das Palabras a actividade didáctica "Heiche contar un conto" a cargo do actor e músico Manolo Panforreteiro acompañado de dous músicos. Son dos espectáculos baseados en contacontos acompañados de música en directo e dirixidos a todos os públicos. A actividade con entrada gratuíta ata completar aforamento, terá lugar de 12 a 13 horas.
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
venres, 11 dec 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da fin das obras de humanización no <br />
entorno da rúa BARCELONA reábrense ao tráfico as rúas seguintes: Barcelona, sentido único cara a Regueiro. Zaragoza, sentido único cara a Faustino Alvarez. Faustino Alvarez, sentido único cara a <br />
San Amaro. Sevilla, sentido único cara a Pintor Colmeiro. Illas Baleares, sentido único cara a Gran <br />
Vía. Illas Canarias, sentido único cara a Barcelona. Valencia, sentido único cara a Zaragoza. Tarragona, entre Barcelona e Zaragoza, sentido único cara a Zaragoza. Dende o luns 14 de decembro de 2009 ás 10:00 horas.