Escoitar

Abel Caballero inaugurou unha xornada formativa sobre a drogodependencia no ámbito laboral

O alcalde de Vigo foi o encargado de abrir esta xornada, organizada pola Unión Comarcal de Comisións Obreiras en Vigo. O obxectivo desta xornada, celebrada durante este xoves no Hotel Coia vigués, é informar e formar ao personal de CCOO dos distintos modelos de intervención sindical para afrontar esta nova problemática no ámbito laboral.

xoves, 10 dec 2009
1260453239jornadadrogodependencia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na apertura dunha xornada organizada pola Unión Comarcal de Comisións Obreiras sobre a drogodependencia no ámbito laboral.

A finalidade desta xornada, celebrada na mañá de hoxe no Hotel Coia, xirou sobre tres eixos: conceptos xerais da drogodependencia, a súa situación no ámbito laboral e os distintos modelos de intervención sindical.

O alcalde avogou pola cooperación institucional entre o Concello e os sindicatos, que Caballero exemplificou no acordo establecido para garantir as condicións laborais e de contratación nas obras do Plan E do Goberno de España, colaboración que o alcalde pretende extender a toda a obra pública viguesa. O rexedor asegurou que desde a cooperación poderá resolverse problemáticas como a drogodependencia, que afecta tanto ao ámbito social como laboral.
Descargar todas as imaxes