Escoitar

Aberto o prazo para inscribirse no concurso "Vente cos Reis Magos"

Xa está aberto o prazo para inscribirse no concurso Vente cos Reis Magos , que permitirá a 40 nenos e nenas acompañar os Reis Magos durante a Cabalgata 2010. O prazo rematará o día 18 de decembro ás 20.00 horas.

xoves, 10 dec 2009
1260448385cabalgata1.jpg
As Súas Maxestades os Reis Magos convocan, para participaren no Concurso "Vente Cos Reis Magos", a todas as nenas e nenos de Vigo que teñan nacido entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2001 e que queiran participar no desfile da Cabalgata de Reis.

Para iso as interesadas e interesados deben depositar a súa solicitude de inscrición nas caixas de correos que se instalarán na lonxa da Casa do Concello e nos centros cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns entre os días 10 e 18 de decembro.

O sorteo para a selección das/dos corenta acompañantes será o 22 de decembro ás 12:00 horas na Casa do Concello.

Descargar todas as imaxes