Escoitar

Eudosio Álvarez explica que a nova tasación dos tres edificios da pinacoteca fixa a adquisición en 1.575.000 euros

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, explicou este xoves que a segunda tasación encargada polo propietario dos inmobles que o Concello de Vigo adquirirá para instalar a nova pinacoteca da cidade pecha a adquisición dos tres edificios en 1.575.000 euros. Segundo afirmou o edil do BNG os dous factores que explican a pequena rebaixa respecto á primeira son a baixada de prezos no sector inmobiliario nos cinco meses que separan as dúas tasacións e a calificación urbanística do número 8 da rúa Abeleira Menéndez como "ben de carácter dotacional", tal e como recoñece a empresa tasadora no seu informe.

xoves, 10 dec 2009
1260453522roldapinacoteca.jpg
Eudosio Álvarez indicou que os tres edificios do Casco Vello foron tasados por primeira vez pola empresa Tinsa, unha das máis importantes do estado español, valorando os datos de xuño de 2009. Porén, a segunda tasación, realizada por Tecnitasa, é feita tendo en conta os valores do mes de novembro e sitúa o valor de compra-venta en 1.575.000 euros. Segundo explicou o concelleiro de Patrimonio Histórico supón "125.000 euros menos que a primeira", o que representan un 6% menos sobre a cifra inicial.

O edil nacionalista lembrou que antes de realizar a segunda tasación o propietario manifestou a súa aceptación desa valoración, aínda que fose inferior á primeira. Ao respecto, Eudosio Álvarez asegurou que a adquisición xa foi levada á Xunta de Goberno Local e se realizará "inmediatamente". Na súa intervención agradeceu ás dúas empresas que o seu traballo "garante que este proceso teña transparencia e se axuste á realidade xurídica e económica".
Descargar todas as imaxes