O alcalde encarga aos sindicatos o cumprimento das condicións laborais na obra pública de Vigo
Abel Caballero anunciou este mércores que extenderá o modelo implantado co Fondo Estatal de Investimento Local do 2009 ao novo Plan E para 2010 e ás obras públicas que teñan lugar en Vigo, incluídas as de orzamento municipal. Técnicos dos tres sindicatos velarán polo cumprimento dos horarios, do número de traballadores estipulado e da súa procedencia, no seu caso, das listas de desemprego.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou hoxe venres aos secretarios comarcais de UGT, CC.OO. e CIG a súa vontade de que as centrais sindicais velen polo cumprimento das condicións laborais e de contratación en toda a obra pública da cidade.
Tal e como aconteceu en Vigo co Plan E, técnicos contratados polos tres principais sindicatos encárganse de que as empresas garantan os horarios dos traballadores, que o número de empregados sexa o estipulado na adxudicación da obra e que, nos casos así indicados, proveñan das listas de desemprego.
Este modelo de seguemento iniciouse co primeiro Fondo Estatal de Investimento Local disposto polo Goberno de España para 2009, do que Vigo recibiu 52 millóns de euros. O alcalde valorou de "positivo" o resultado da supervisión sindical no primeiro Plan E, cun nivel "bastante alto" de cumprimento, polo que apostou por extendela a toda a obra pública.
Segundo indicou Abel Caballero, Vigo e Sabadell instauraron este ano este modelo no Fondo Estatal de Investimento Local, o que deu pé a que o novo Plan E para 2010 inclúa condicións de supervisión nas súas bases, froito da experiencia "satisfactoria" nas dúas cidades.
Convenio
O Concello e os tres sindicatos asinaron este mércores un convenio de colaboración e cooperación polo que a Concellería de Participación Cidadá achega 43.000 euros para a elaboración de cursos e actividades en materia de formación e información.
Descargar todas as imaxes