Escoitar
Cultura

Convocatoria para a integración de espazos escénicos do termo municipal de Vigo no circuito municipal de teatro por barrios Vigo a escena 2010

<br />

venres, 4 dec 2009
Poderán adscribirse e solicitar a súa integración ao circuíto municipal por barrios Vigo a Escena, as entidades públicas ou privadas, titulares de teatros, auditorios, casas de cultura ou outro tipo de espazos escénicos, con domicilio no termo municipal de Vigo, que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e que non sexan empresas ou sociedades dedicadas profesionalmente á programación de artes escénicas.

As bases para participar en ambas convocatorias se poderán recoller na oficina de Información do Concello de Vigo ou descargar na páxina www.vigo.org

As solicitudes se presentarán no Rexistro Xeral do Concello de Vigo e o prazo de presentación é de 15 días naturais a contar a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria na prensa local.

Máis información no teléfono de información cidadá 010 (986810260 se chaman desde móvil ou desde fora de Vigo).