xoves, 3 decembro 2009

O alcalde asegura que en 15 meses estarán a disposición da Xunta os terreos para a Cidade da Xustiza<br /> <br />

Abel Caballero entrevistouse este xoves co novo Xuiz Decano, Germán Serrano, a quen transmitiulle que os trámites legais de ocupación dos terreos durarán 15 meses, tras o que a Xunta de Galicia poderá iniciar a construcción da Cidade da Xustiza. O alcalde avogou porque o goberno autonómico encargue canto antes o proxecto para gañar entre seis e oito meses de prazo.

María Méndez defende a aposta pola sensibilización da cidadanía para que Vigo sexa máis accesible

xoves, 3 dec 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, defendeu hoxe a necesidade de traballar na concienciación da cidadanía para lograr que Vigo sexa unha cidade máis accesible. A edil resaltouno nos actos celebrados con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que incluíu un percorrido en cadeira de rodas dende a Praza do Rei ao museo Marco no que participaron a deportista Pilar Valero, o presentador Superpiñeiro, a xornalista Noelia Otero e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, así como a lectura dun manifesto a cargo de catro persoas con distintas discapacidades.