Escoitar
Patrimonio Histórico

Artesanía tradicional de Galicia <br /> Obradoiros 2010 <br /> 1º semestre

O CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, equipamento da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, programa anualmente os seus obradoiros formativos que teñen como obxectivo a conservación e divulgación do patrimonio etnográfico galego.<br /> O programa do 1º semestre está orientado para todos os públicos, con cursos para diferentes niveis que permitirán ao alumnado achegarse ás variadas formas e técnicas da cestería -con especial atención á fabricada na comarca de Vigo- e do tecido tradicional galego.

venres, 4 dec 2009
PROGRAMA
OBRADOIROS DE CESTERÍA TRADICIONAL

A CESTERÍA DE VIMBIO I. Iniciación. 60 h
11 de xaneiro-2 de febreiro
Luns a venres de 09:30 a 13:30 h
Núm. de prazas: 10

A CESTERÍA DE VIMBIO II: Cestas do rural. 90 h
3 de febreiro-26 de marzo
Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h
Núm. de prazas: 10

CESTOS DE PALLA. 70 h
2 de marzo-29 de abril
Martes e xoves de 16:30 a 20:30 h
Núm. de prazas: 7

CESTERÍA NA RÍA DE VIGO. Perfeccionamento. 100 h
5 de abril-31 de maio
Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h
Núm. de prazas: 10

CESTOS DE VIMBIO. Iniciación. 60 h
6 de abril-25 de maio
Martes e xoves de 16:30 a 20:30 h
Núm. de prazas: 7

CESTERÍA DE USO DOMÉSTICO. Iniciación. 60 h
1 de xuño-30 de xuño
Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h
Luns, martes e xoves de 16:30 a 20:30 h
Núm. de prazas: 7 en cada quenda

OBRADOIRO DE TECIDO TRADICIONAL

TECENDO CON FÍOS DE LA. Iniciación. 32 h
2 de marzo-25 de marzo
Martes e xoves de 09:30 a 13:30 h
Num. de prazas: 6


INFORMACIÓN XERAL

Os obradoiros son gratuítos. Só se pode optar a un máximo de 2 obradoiros no semestre. A inscrición poderá facerse a través da web do CAT www.vigo.org/artesanai ou do teléfono 986220758. O CAT realizará a selección do alumnado tendo en conta criterios formativos.