Escoitar

Abel Caballero salienta que a humanización de Simón Bolívar "paga a débeda que tiñamos coa rúa"

O alcalde encabezou a delegación municipal que inaugurou este venres o primeiro tramo da rúa Simón Bolívar, entre Venezuela e Ecuador; unha humanización que supuxo un investimento próximo aos 500.000 euros e empregou a 13 persoas. Caballero subliñou as "características de calidade óptima" que presenta agora a rúa.

venres, 4 dec 2009
1259933770simonbolivar.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este venres a inauguración simbólica da humanización de Simón Bolívar, entre Venezuela e Ecuadro, reforma que "paga a débeda que tiñamos coa rúa".

Na apertura, da que participaron concelleiros e concelleiras dos tres grupos municipais, o alcalde cifrou en 500.000 euros o custo do investimento, no que traballaron 13 persoas. Caballero subliñou as "características de calidade óptima" que presenta agora o tramo da céntrica rúa.

O alcalde salientou o maior arborado presente e os novos espazos verdes xunto ao parque infantil de Venezuela, "unha nova forma de entender a cidade", sobre todo porque o tramo de Simón Bolívar mellorado une dúas rúas centrais da cidade, como son Venezuela e Ecuador.
Descargar todas as imaxes