Concello e Zona Franca acordan impulsar a Cidade do Frío e o Parque Tecnolóxico de Beade-Valadares
O alcalde, Abel Caballero, e a delegada de Zona Franca, Teresa Pisano, acordaron este venres crear unha comisión bilateral entre as entidades para acelerar os trámites dos ámbitos da Cidade do Frío en Matamá e da ampliación do Parque Tecnolóxico de Beade-Valadares. O obxectivo pasa por dispor de solo industrial e terciario, no que están interesadas firmas internacionais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acordou este venres coa delegada da Zona Franca, Teresa Pisano, crear unha comisión bilateral entre as entidades para acelerar a tramitación da Cidade do Frio e da ampliación do Parque Tecnolóxico de Beade-Valadares.
Caballero e Pisano abordaron esta medida nunha entrevista mantida este venres no Concello, no que pasaron revisión ás actuacións da Zona Franca na cidade. O alcalde abogou por impulsar a creación de solo industrial e terciario na cidade, porque o texido económico "o necesita" e existe demanda de firmas internacionais para establecerse en Vigo. O rexedor vigués tamén solicitou da Zona Franca "sensibilidade" no proceso de expropiación das vivendas necesarias para ambas actuacións.
Alcalde e delegada revisaron o estado das adxudicacións de Porto do Molle, onde investíronse 40 millóns de euros. Ademais, Abel Caballero pediu "ás tres administracións" que se "poñan as pilas" para que "non se ralentice" a plataforma loxística de Salvaterra-As Neves, con 4,5 millóns de metros cadrados de solo proxectado.
Descargar todas as imaxes