mércores, 9 dec 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este mércores que antes de fin de ano se poñerán en circulación 1.200.000 euros correspondentes ás axudas convocadas pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio destinadas ás familias con menos recursos e aos establecementos comerciais da cidade. Nunha primeira valoración tras o remate do prazo das dúas convocatorias, o nacionalista anunciou que os cartos das axudas que queden sen distribuír ás familias serán doados aos distintos comedores sociais de Vigo, coa condición de que realicen as súas compras no pequeno e mediano comercio da cidade.
mércores, 9 dec 2009
O alcalde encargou á Policía Local que remita o resultado da súa investigación á Fiscalía, para que esta proceda a esixir responsabilidades legais ao pub que impediu o acceso a un grupo de discapacitados, acompañados dun monitor de Aspanaex. Abel Caballero, quen reuníuse hoxe mércores co seu Presidente, asegurou que "foi un feito grave e aillado" e ten que ter a atención correspondente.
mércores, 9 dec 2009
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que as Xornadas de Mulleres Veciñais terán lugar os vindeiros 15, 16 e 17 de decembro no museo Verbum. Na presentación da iniciativa que organiza a Federación de Asociacións de Veciños, a edil nacionalista salientou que se trata dun "foro aberto e un lugar de encontro para as mulleres" no que ademais de participar nos obradoiros e nas ponencias tamén poden compartir as súas experiencias.
mércores, 9 dec 2009
O alcalde informou este mércores de que o Concello donará dous camións de bombeiros de 5.000 litros de capacidade a Nicaragua, tras a solicitude realizada polo devandito país a través do seu embaixador. En febreiro de 2010 terá lugar a entrega dos vehículos, data cando o Concello os substitúa por outros dos novos e máis modernos camións. Abel Caballero reuníuse hoxe co embaixador de Nicaragua, Augusto Zamora.