Escoitar

O Concello remite ao fiscal o resultado da investigación policial sobre a prohibición de acceso dun pub a discapacitados

O alcalde encargou á Policía Local que remita o resultado da súa investigación á Fiscalía, para que esta proceda a esixir responsabilidades legais ao pub que impediu o acceso a un grupo de discapacitados, acompañados dun monitor de Aspanaex. Abel Caballero, quen reuníuse hoxe mércores co seu Presidente, asegurou que "foi un feito grave e aillado" e ten que ter a atención correspondente.

mércores, 9 dec 2009
1260368378aspanaex.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou hoxe mércores que encargou á Policía Local a remisión á Fiscalía do informe municipal sobre a prohibición de acceso por parte dun pub a un grupo de discapacitados, feito acontecido fai varias semanas.

Ao remate dunha reunión co presidente de Aspanaex, José Manuel Carballo, Abel Caballero asegurou que este "foi un feito grave", polo que a Policía Local abríu un expediente e investigou o acontecido. O resultado das pesquisas serán postas a disposición do fiscal para que proceda da forma que considere oportuna. O alcalde avogou pola "esixencia de responsabilidades" ante un feito "aillado".

A este respecto, o rexedor vigués indicou que un grupo de discapacitados acompañados por titores de Aspanaex percorreron as pasadas fins de semanas distintos locais de ocio nocturno onde foron recibidos con "atencións, solidaridade e cercanía", tal e como lle transmitiu o presidente da entidade.

Residencia e vivendas
O alcalde tamén informou de que o Concello porá a disposición de Aspanaex algunha vivenda para que a entidade poida desempeñar a súa labor. A curto prazo, o Concello baralla ceder algunha das 30 vivendas en Navia que recibirá "en meses" da Xunta de Galicia e, a medio prazo, as vivendas de Rosalía de Castro, actualmente en litixio xudicial con Renfe.

Ademais, Aspanaex solicitó do Concello a cesión de solo para a edifición dunha residencia con capacidade para medio centenar de persoas, da que xa están a definir o seu deseño. Abel Caballero deu instruccións ao departamento municipal de Urbanismo para buscar un terreo dotacional para a súa cesión.

O Concello tamén estudará a posibilidade de empregar a algúns dos discapacitados que traballan con Aspanaex, para así paliar as dificultades económicas polas que agora atravesa a entidade
Descargar todas as imaxes