Iolanda Veloso presenta as Xornadas de Mulleres Veciñais, que se celebrarán no Verbum do 15 ao 17 de decembro
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que as Xornadas de Mulleres Veciñais terán lugar os vindeiros 15, 16 e 17 de decembro no museo Verbum. Na presentación da iniciativa que organiza a Federación de Asociacións de Veciños, a edil nacionalista salientou que se trata dun "foro aberto e un lugar de encontro para as mulleres" no que ademais de participar nos obradoiros e nas ponencias tamén poden compartir as súas experiencias.
Iolanda Veloso sinalou que nesta convocatoria a igualdade será o eixo central das xornadas, así como as "claves e estratexias que permiten acadar a igualdade real entre homes e mulleres". Segundo a concelleira de Igualdade, as Xornadas de Mulleres Veciñais, que se veñen celebrando en Vigo dende 1992, constitúen xa un "referente non so na cidade senón tamén no resto de Galiza" e proba delo é a alta participación, que supera as 300 mulleres en cada convocatoria.
A representante da Favec, Mercedes Penabella, explicou que os obradoiros terán lugar os tres días das xornadas en horario de 16.30 a 18.30 horas e serán dirixidos pola psicóloga Beatriz Monroy Cardoso e polo especialista en intelixencia emocional e ex-director de Recursos Humanos de Zara en España, Antonio Angel Pérez Ballester. O primeiro día tratarase o autocontrol e a autoestima, o segundo o coñecemento e a estima e o terceiro a mellora persoal.
Logo dos obradoiros e tras unha pausa de media hora, será o turno das conferencias con posterior coloquio. O martes día 15 intervirá Antonio Angel Pérez Ballester para falar sobre a "Igualdade de oportunidades profesionais". O mércores día 16 falará a subdirectora xeral de Estudos e Cooperación do Instituto da Muller (Ministerio de Igualdade), Cristina Sabucedo Baro, sobre "O reto da Igualdade". Finalmente, o xoves día 17, a licenciada en psicoloxía, máster e consultora en Recursos Humanos, Maribel Reinoso Rey, pechará a quenda de intervencións cunha conferencia sobre a "Igualdade Veciñal".
Como peche das xornadas o último día, 17 de decembro, celebrarase a Festa da Igualdade nunha carpa situada no aparcamento anexo ao museo. Segundo sinalou Mercedes Penabella, este espazo de convivencia estará amenizado pola actuación de grupos do movemento veciñal.
Descargar todas as imaxes