O alcalde destaca que a mellora de Urzáiz posibilita o paso por rúas humanizadas desde Ramón Nieto ata Pi i Margall
Abel Caballero presidiu este venres a inauguración do novo Urzáiz, unha rúa "central e emblemática" que convertese en "núcleo central de paseo". O investimento na humanización ascendeu a 3,2 millóns de euros e empregou a 66 persoas, das que 18 procederon do desemprego vigués. O alcalde avanzou que en febreiro instalaranse as luminarias fernandinas existentes, unha vez estean reparadas e encargadas as novas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este venres que a mellora recén concluida de Urzáiz posibilita transitar desde Ramón Nieto ata Pi i Margall por rúas humanizadas.
Así o subliñou Caballero na inauguración da humanización dunha rúa "central e emblemática" que esta pasa a converterse nun "núcleo central de paseo", con máis de 8.000 m2 de beirarrúas de granito, uns 150 árbores, máis de 70 xardineiras e varios bancos.
A mellora da rúa, informou o alcalde, supuxo un investimento de 3,2 millóns de euros con cargo ao "Plan Zapatero" e deu emprego a 66 traballadores, dos que 18 procederon das listas do INEM de Vigo. O "novo Urzáiz" cumpre co lema "dos cidadáns tomando a rúa", afirmou Caballero.
No tocante aos vehículos, o alcalde subliñou que a humanización permite o incremento das prazas de aparcamentos existentes ata a mellora, pois reestructurouse o espazo na baixada á estación delimitando prazas en batería. O funcionamento do tráfico permanece tal e como estaba antes da humanización.
Abel Caballero mostrou a súa "satisfacción" polo resultado da mellora de Urzáiz e agradeceu a empresas e empregados o seu traballo. Tamén quixo agradecer á veciñanza da zona a súa "paciencia" nametres duraron as obras de mellora.
Luminarias fernandinas
Na súa visita a Urzáiz -na que participaron concelleiros do goberno local e da oposición-, o alcalde adiantou que o Concello xa ten encargadas as novas luminarias de estilo fernandino que instalaranse na rúa, do mesmo modelo que as presentes ata o inicio da obra.
Segundo indicou Caballero, o número total de puntos de luz en Urzáiz aumentarase con respecto ao estado anterior; estanse a subsituir as unidades dañadas, a reparar as restantes e a adquirir novas para que a instalación lumínica da rúa poida estar rematada en febreiro. Mentres tanto, permanecerán dando servizo as novas luminarias xa habilitadas.