Santi Domínguez inaugura a última das 19 rúas reformadas no Casco Vello e anuncia a execución de novos proxectos en 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres a reforma da rúa Gamboa, que pecha a primeira fase da recuperación do entramado viario Casco Vello. Domínguez anunciou que este remate é só "un punto é aparte", que terá continuidade no ano 2010 con novos proxectos. No acto, que contou que diversos membros da corporación municipal, Santi Domínguez lembrou que Gamboa é a última das 19 rúas remodeladas neste ano, pero asegurou que os orzamentos do vindeiros exercicio contemplan xa novas actuacións no barrio histórico da cidade co obxectivo de que a finais de 2010 "todas as rúas do Casco Vello estean reformadas e renovadas".
Santi Domínguez explicou que a reforma da rúa Gamboa contou cun investimento de 190.000 euros e supuxo unha actuación en 471 metros cadrados. Lembrou que se trataba dunha rúa de "difícil accesibilidade e paseo", pero que coas obras levadas a cabo estas dificultades están rematadas. "Parece que acaba de duplicarse a superficie da rúa", comentou. Como nos outros viais do Casco Vello, ademais do cambio do pavimento, levouse a instalación de novas luminarias e a colocación de novos colectores, a renovación do saneamento e o incremento da capacidade de suministro. Tras as obras, a rúa conta tamén co soterramento das liñas de comunicación e novo alumeado.
A reforma desta rúa permitiu atopar uns restos arqueolóxicos, que poderían ser parte da antiga muralla da cidade. Os traballos arqueolóxicos realizados non permiten definir exactamente o seu valor e por iso o ano que vén desenvolverase proxecto completo, con catas nos espazos adxacentes, que permita "definir e poñer en valor a riqueza patrimonial existente", explicou Santi Domínguez. Segundo subliñou, as actuacións xa levadas a cabo neste 2009 e as previstas para o 2010 teñen un dobre significado, "renovar o Casco Vello e preservar o seu valor patrimonial".
O tenente de alcalde salientou o traballo que está desenvolvendo a Brigada do Casco Vello e a súa capacidade para realizar o mantemento cotiá do barrio. Ao respecto afirmou que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Patrimonio Histórico teñen recibido xa felicitacións da veciñanza pola rapidez das actuacións ao solventar os pequenos desperfectos dos que dan contan, "nun día ou incluso menos", indicou. Así, expresou os seus parabéns aos técnicos municipais e a todos os traballadores e traballadoras porque "con cariño e adicación se pode transformar o barrio".
Respecto aos proxectos de 2010, o nacionalista afirmou que se seguirá apostando pola reforma e renovación do entramado viario, a rehabilitación de fachadas, e o adecentamento e mantemento cotiá. Para o tenente de alcalde, a reforma do barrio histórico da cidade pon de manifesto que o "compromiso persoal, do BNG e do goberno local de transformar o Casco Vello está cumprido". Ademais, sinalou que demostra que a transformación da cidade non se quere levar a cabo facendo anuncios, "senón con feitos e realidades", apuntou.