O alcalde anuncia actuacións no rural vigués por valor superior ao medio millón de euros
Segundo indicou este luns Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local aprobou actuacións no rural por valor de 585.000 euros, como a adxudicación da construcción de beirarrúas en Subida á Madroa e na Baixada a Praia, e a instalación de case 600 novos puntos de luz no rural vigués. Ademais, o alcalde informou da concesión municipal de 105.000 euros de axuda á creación de 45 novas empresas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da aprobación por parte do goberno local de sendas actuacións no rural vigués por un valor de 585.000 euros.
Segundo detallou o rexedor, a Xunta de Goberno Local celebrada hoxe deu o seu visto bo á adxudicación provisional da mellora do saneamento en Valladares, con 77.000 euros de investimento, a mesma cantidade reservada para as obras validadas de ampliación do bombeo no Casal.
O alcalde tamén destacou a mellora da iluminación no rural aprobada polo goberno local. Desde o mes de xaneiro de 2010, e durante dous meses, o Concello instalará 575 novos puntos de luz, cun investimento de 200.000 euros.
O goberno local, tal e como sinalou Caballero, tamén adoptou a decisión de adxudicar provisionalmente as obras de construcción de beirarrúas na Subida á Madroa, en Candeán, cun orzamento de 83.000 euros; e na Baixada á Praia, en Saiáns, cun custo de 148.000 euros.
45 novas empresas
A Xunta de Goberno Local tamén validou este luns a concesión de axudas por valor de 105.000 euros á creación de 45 novas empresas, que dan emprego directo a unhas 75 persoas.
Caballero, quen reuniuse hoxe luns cos devanditos emprendedores, asegurou que as empresas creadas atenden a distintos campos de actividade, como a construcción, a hostelería, o comercio ou a industria, entre outros.
Descargar todas as imaxes