O alcalde levará ao cúmio de Copenhague o modelo sostible de humanizacións de Vigo
Mañá mércores, Abel Caballero pronunciará un relatorio -como parte da delegación española- no encontro mundial de Copenhague chamado a adoptar acordos internacionais para reducir o impacto humano no clima. O alcalde, en representación dos municipios españois, presentará o modelo de cidade humanizada de Vigo, con varios centros para facilitar a vida diaria e cunha reordenación dos tráficos peonil e rodado.
O alcalde vigués e presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, Abel Caballero, presentará mañá mércores no cumio sobre o clima de Copenhague o modelo sostible de humanizacións de Vigo.
Segundo indicou este martes o rexedor, mañá mércores -como parte da delegación española en Copenhague- dedicará no seu relatorio especial relevancia a presentar o proxecto de cidade humanizada de Vigo, pois é un "modelo de cidade ecolóxica", con boas redes de separación de augas pluviais e fecais, abastecemento, rede tecnolóxica soterrada, máis verde e cunha "nova dimensión do tráfico peonil e rodado".
Abel Caballero asegurou que as humanizacións cumpren co novo modelo de cidades sostibles, urbes de carácter policéntrico que facilitan as xestións diarias e os desprazamentos curtos da cidadanía, evitando ao tempo o emprego do vehículo. "Estamos a construir un Vigo con varios centros", recordou o alcalde, como un xeito de loitar contra o cambio climático.
Axenda sen Coche
O alcalde vigués tamén levará a Copenhague a Axenda sen Coche, un proxecto impulsado por Caballero aprobado na Rede Española de Cidades polo Clima que contempla que os cargos públicos acudan a distintos actos ben camiñando ben en transporte colectivo.
Abel Caballero, quen xa está a adoptar esta medida en Vigo, indicou que esta iniciativa exemplarizante compleméntase coa publicación dunha axenda que compile os actos aos que os representantes públicos acuden sen coche privado nin oficial. No caso vigués, esta axenda está colgada da páxina web municipal.
Control de emisións
Xunto ao modelo de humanizacións vigués e á Axenda sen Coche, o primeiro edil exporá en Copenhague o proxecto de control de emisión de gases efecto invernadoiro elaborado pola Rede Española de Cidades polo Clima.
Este proxecto, explicou Caballero, conta con varias chaves a desenvolver, como o traballo en rede e as distintas propostas de actuación en materia de transporte, enerxias alternativas e aforro enerxético.
Descargar todas as imaxes