Escoitar

María Méndez anuncia que Benestar Social busca un espazo para que De Boa Man expoña os seus produtos todo o ano<br />

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este martes que dende o seu departamento se está a buscar un espazo no que De Boa Man poida expoñer os seus produtos durante todo o ano e ter a oportunidade de vendelos ao público. A edil afirmouno na inauguración da carpa que estará instalada na rúa do Príncipe ata o día 18 de decembro, e onde fixo un chamento á cidadanía para que apoie esta iniciativa ao mercar os agasallos navideños. Esta actividade levarase a cabo en horario continuado de 10.00h a 20.00h.

martes, 15 dec 2009
1260883100boaman1.jpg
María Méndez explicou que De Boa Man é froito da colaboración entre a Concellería de Benestar Social e diversas entidades sociais que traballan no campo da discapacidade, como Alento, Apamp, Aspanaex, Aspavi, Cogami, Doa, Menela e San Rafael. Asemade, lembrou que na carpa estas entidades venden os produtos que realizan ao longo do ano, polo que darlle continuidade a esta iniciativa "redundaría na integración laboral das persoas con discapacidade".

Segundo a concelleira de Benestar Social, é preciso afondar no obxectivo da integración, polo que felicitou á organización da campaña. No seu chamamento á colaboración dos vigueses e viguesas asegurou que a calidade está presente en todos os artigos de artesanía expostos para a súa venda, dende a cerámica, a madeira ou o coiro, ata os xoguetes, os cadros e a bisutería. "De boa man amosa a capacidade destas persoas para desenvolver un traballo".
1260883100boaman1.jpg
1260883126boaman3.jpg
1260883088boaman2.jpg