Escoitar

Educación do Concello programa a obra de teatro en inglés para escolares "TEDDY BEAR"

A campaña didáctica de teatro en inglés para escolares que se inclúe no programa educativo municipal "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" remata o venres 18 de decembro ás 11,00 horas no Auditorio Helios de Bembrive. Á escenificación desta versión en grande formato da obra "Teddy Bear" especialmente deseñada para o seu uso didáctico asistirán 350 escolares de 5º e 6º de primaria de 9 centros de ensino da nosa cidade.<br />

xoves, 17 dec 2009
1261052842edu.jpg
O Servizo de Educación do Concello de Vigo prantexa no marco do Programa Educativo Municipal "AULAS INTERNACIONAIS", unha nova edición da iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" coa finalidade de ofertar á comunidade educativa distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa.

Esta campaña de teatro en inglés para escolares pretende propiciar un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión linguística, na procura de mellorar os hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar a labor do profesorado por supor un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.

A escenificación da obra "Teddy Bear" que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración coa Compañía "Global Project", conta nas súas dúas versións en pequeno e grande formato, cun elaborado material didáctico que serve a profesorado e alumnado para tirar o máximo rendemento educativo desta iniciativa.

O programa levará a escea este vindeiro venres 18 de decembro ás 11,00 horas no Auditorio Helios de Bembrive. , unha sesión en versión de grande formato para 350 escolares de 5º e 6º de primaria de 9 centros de ensino previamente seleccionados.

Coa implementación de "Vigo Activities 2009-2010", a Concellería de Educación continúa as actividades dirixidas a fomentar a capacitación óptima e satisfactoria do alumnado en lingoa inglesa que propicie situacións de comunicación lúdicas próximas á realidade do alumnado.
Descargar todas as imaxes