Escoitar

O Catálogo Universal de Laxeiro vai a permitir a promoción do pintor galego en todo o mundo

O legado artístico de Laxeiro convertese no primeiro recollido nun Catálogo Universal que foi presentado onte nas instalacións do Centro Cultural de Caixanova en Vigo, dentro dun acto ó que asistiron representantes de diferentes ámbitos da vida galega. A publicación, editada por Galicia Nova, en galego, castelán e inglés reúne 3.581 obras de Laxeiro recollidas no papel e en formato DVD.

xoves, 17 dec 2009
1261050646laxeirolibro1.jpg.jpg
O acto contou coa presencia de personas de diferentes ámbitos da vida galega. Ademáis dos representantes das diferentes entidades que fixeron posible edición, participaron na presentación o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a delegada Territorial en Vigo da Xunta de Galicia, conselleiro de Cultura, alcalde de Lalín e representantes do concello de Vigo, do mundo do arte e da cultura. Ao final do acto de presentación do catálogo, os partipantes realizaron un percorrido polas diferentes salas da Fundación Laxeiro donde se ofrece unha exposición das obras do pintor que serven de complemento a catalogación universal da plástica do artista galego.


O concelleiro de Cultura, Xesús López Carreira, salientou que Laxeiro é un artista profundamente vigués e absolutamente universal, e considerou a presentación do Catálogo Universal do pintor como un acto de xustiza que se desenvolveu na sala de conferencias do Centro Social de Caixanova en Vigo. É a primeira vez que en Galicia lévase a cabo un catálogo exhaustivo da obra dun artista desta comunidade, pois a publicación editada en versións galega, castelá e inglesa, recolle 3.581 obras catalogadas.

López Carreira indicou que a obra do prolífico Laxeiro necesitará un apéndice pois seguirán aparecendo máis obras do artista galego, a quen considerou un dos máis relevantes do século XX. O concelleiro de Cultura, por outra banda, agradeceu o traballo de diferentes personas que fixeron posible a edición do catálogo. En primeiro lugar citou ó director da publicación, Antón Pulido, en especial pola selección de 500 obras que aparecen perfectamente reproducidas.

O concelleiro tivo verbas de agradecemento para Nova Galicia pola cuidadísima edición da obra de Laxeiro e tamén destacou as aportacións ao proxecto por parte de Xunta de Galicia, Caixanova e Fundación Laxeiro.

O director xeral da Fundación Laxeiro, Carlos García-Suárez Otero, dixo que o Catálogo Universal de Laxeiro forma parte dun ambicioso proxecto no que se invertiron dez anos de investigación que fixeron posible unha catalogación exhaustiva do traballo do pintor que ha converte nun fito no estudo e difusiòn da cultura galega e nunha ferramenta importantísima para difundir o legado dun dos artistas galegos máis influintes do século XX.

O traballo de 10 anos da Fundación Laxeiro, comezado coa posta en marcha en 1999 do servizo de catalogación e expertización, facilitou que se localizaran 2.113 obras inéditas que, unidas ao reordenamento das que xa estaban publicadas en varios catálogos, formaron parte do corpus de investigación do proxecto que recolle un total de 3.581 obras catalogadas. Así a obra permite ofrecer a obra de Laxeiro e o nexo de unión coas diferentes etapas do arte galego do século XX.

Carlos García Suárez fixo fincapé nos dos primeiros tomos que recollen unha escolma de 500 obras seleccionadas por Antón Pulido e reproducidas a toda páxina, cuidado material o que se engaden os comentarios de 25 especialistas de prestixio na arte do século XX, ademáis dos textos técnicos consistentes nunha bibliografìa actualizada, con 196 referencias, e unha cronobiografía comparada cos eventos más relevantes en diferentes eidos ao longo da vida de Laxeiro. A análise da obra de Laxeiro ofrece o texto crítico de Xosé Antón Castro Fernández, coñecido polos seus estudos sobre o pintor e a súa obra, así como un limiar de Antonio Bonet Correa e comentarios de Luis María Caruncho, Román Pereiro, Carlos García-Suárez e Javier Pérez Buján.

O director da Fundación Laxeiro matizou que co novo catálogo controlase un 80% da producción que poido haber realizado o pintor galego, de ahí que non sexa o punto final senón un punto e seguido na obra de Laxeiro, pois desde a Fundación entenden que dentro dun ano haberá que editar un apéndice con máis producción do artista.

O director da publicación, Antón Pulido Nóvoa, insistiu en que a catalogación universal dun artista en moi difícil, o cal se pode apreciar que hai moi poucas a nivel mundial. Somentes os artistas consagrados teñen ese privilexio. Nese senso, Pulido recordou a importancia do proxecto presentado que confire a data un fito na cultura galega.

Sobre o conteñido da publicación mencionou a obra máis representativa das etapas que Laxeiro viviu na Habana, Lalín, Vigo, Madrid, Bos Aires e outra vez en Vigo, capítulos na vida do pintor nos que sobresaen o granito, as redondeces, o mestre Mateo, o barroco e tamén o achegamento as vangardas , "pois el mesmo non sabía que obra iba a acabar", engadiu Pulido, que non dudou en destacar a soltura de Laxeiro no traballo de dibuxo, porque "nos pequenos detalles é donde se coñecen os artistas". E citou como exemplo, que aparece no catálago, o retrato que lle fixo Laxeiro a Vicente Risco, que mesmo certifica que a obra do pintor é diversión e un acto lúdico. O traballo do director do catálogo centrouse en especial en confeccionar as dobles páxinas nas que se conxugan as cores no mellor papel que se utiliza para este tipo de reproducións artísticas.

O director de Nova Galicia Edicións, Carlos del Pulgar, resaltou o enorme esforzo e as moitas horas dedicadas a un producto autético de Galicia como é o Catálogo Universal de Laxeiro. Nesa líña orientou a laboura da mencionada empresa que comezou a súa andaina no 1984, pero que a partir de 1997 iniciou a publicación da colección Pintores Galegos, que conta cun Premio do Ministerio de Cultura ao Melllor Libro, en concreto o dedicado ó pintor Xaime Quesada. Del Pulgar no esqueceu o carácter políglota da obra sobre Laxeiro, editada en galego, cstelán e inglés, esforzo que forma parte do obxectivo de Nova Galicia de estar cos seus libros en 52 países. Desa maneira, o Catálogo Universal de Laxeiro vai a permitir a promoción do pintor galego en todo o mundo.

O presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, acolleu con honra a participación da súa entidade no publicación sobre Laxeiro do que dixo que é un dos artistas máis influintes do século XX, "e de máis percorrido do último século". Calificou de fito histórico a publicación relacionada co pintor galego,"hoxe é un día grande porque serve para que o trazo de Laxeiro perviva con nós", engadiu. O citada publicación entra no compromiso adquirido desde fai tempo por Caixanova en relación co arte de Galicia. Nese senso fixo referencia o ciclos, exposicións e outras actividades impulsadas desde a entidad financieira e dirixidas a difundir, ensinar e apoiar o arte non só dos artistas consagrados de Galicia senón tamén os emerxentes.

Caixanova prepara entre novos proxectos culturais unha exposición conmemorativa dos cen anos do nacemento en 2010 do pintor Luís Seoane que se desenvolverá en paralelo co Xacobeo e terá en conta unha das grandes referencias da pintura de Galicia.

O acto contou co numerosas presencia de diferentes ámbitos da vida galega. Ademáis dos xa referido, participaron na presentación a delegada Territorial.Ó final do acto de presentación do catálogo, os partipantes realizaron un percorrido polas diferentes salas da Fundación Laxeiro donde se ofrece unha exposición das obras do pintor que serven de complemento a catalogación universal da plástica do artista galego.
1261050646laxeirolibro1.jpg.jpg
1261050684feijolaxeiro.jpg.jpg
Descargar todas as imaxes