Escoitar

Abel Caballero coñeceu as actividades conmemorativas de Begano no seu 50 aniversario

O alcalde de Vigo recibiu hoxe xoves a Federico Amor Sanjurjo, presidente de Begano, concesionaria de Coca-Cola en Galicia, empresa galega que celebra este ano o seu 50 aniversario. As actividades organizadas teñen carácter grastronómico, deportivo, cultural e musical, e inclúen a creación dun logo conmemorativo e a edición limitada dunha botella, entre outras.

xoves, 17 dec 2009
1261057953begano.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrevistouse este xoves co máximo responsable da empresa concesionaria de Coca-Cola en Galicia, Federico Amor Sanjurjo, quen presentoulle as actividades de conmemoración do 50 Aniversario da compañía galega Begano.

Segundo transmitiu o presidente, Begano creará un logotipo conmemorativo, deseñará unha botella de edición limitada e organizará exposicións de arte, concertos e actividades deportivas e gastronómicas para celebrar o seu medio século de vida.

Begano, fundada en 1959, conta actualmente con sete delegacións en Galicia, xerando máis de 350 empregos directos cunha facturación próxima aos 186 millóns de euros. A empresa galega colabora e participa en preto de 2.000 eventos ao longo de toda a comunidade.
Descargar todas as imaxes