Escoitar

O alcalde salienta que a humanización do entorno de POVISA supón unha "mellora para o comercio" e a veciñanza

Abel Caballero presidiu este xoves a apertura das rúas Zamora, Illas Baleares e Canarias, e Valencia, no que supón a primeira fase completamente humanizada do entorno de POVISA. A reforma,a convertiu "nunha das grandes zonas da cidade", asegurou o alcalde, quen asegurou que o entorno, agora e fai un ano, "son dúas cidades distintas". Nestas rúas plantáronse preto de 500 árbores, 150 xardiñeiras e uns 300 puntos de luz.

xoves, 17 dec 2009
1261057626humanizacionpovisa.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que a humanización do entorno de POVISA supón desde hoxe unha "mellora para o comercio" da zona e para a calidade de vida da veciñanza.

Así o resaltou durante a inauguración da primeira fase das humanizacións deste barrio, que comprende as rúas Illas Canarias e Baleares, Valencia e Zamora, e que o converte "nunha das grandes zonas da cidade". Caballero subliñou o remate das obras "en prazo" e o mantemento das prazas de aparcamento existentes.

"Esta era unha zona de Vigo que necesitaba esta actuación", indicou o alcalde, e detallou que nestas rúas dispuxéronse preto de medio millar de árbores, unhas 150 xardiñeiras e uns 300 puntos de luz. Abel Caballero comparou o estado destas rúas fai un ano e o actual para concluir que "son dúas cidades distintas".
Descargar todas as imaxes