O alcalde asina sendos convenios coas asociacións veciñais de Alcabre e "Monte da Mina"
O alcalde, Abel Caballero, e o edil de Participación Cidadá, Santos Héctor, asinaron este martes dous convenios coas Asociacións de Veciños de Alcabre e "Monte da Mina", en Castrelos, como "parte das relacións continuas e permanentes" do goberno e da Alcaldía coas asociacións con proxectos para a cidadanía, explicou o rexedor. <br />

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, asinaron este luns un convenio coa Asociación de Veciños "Monte da Mina", en Castrelos, polo que o Concello cubre os custos dun proceso de formación elaborado pola entidade.
Do mesmo xeito, alcalde e edil rubricaron outro convenio coa Asociación Veciñal de Alcabre para cubrir o aluguer dun local mentres non se remate a reforma da sede onde operan habitualmente.
O alcalde salientou que estes convenios son "parte das relacións continuas e permanentes" do goberno local en xeral, e da Alcaldía en particular, coas asociacións da cidade que teñen proxectos para a cidadanía.
Descargar todas as imaxes