O Concello rescata a concesión dos aparcamentos de Fernando el Católico, Venezuela e Coruña
O alcalde, Abel Caballero, anunciou hoxe martes que a empresa Conycase, concesionaria dos tres aparcadoiros, non pagou a débeda que ten contraída co Concello, por valor de case 500.000 euros, co que inicia os trámites do rescate e do pago da débeda.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes o inicio do proceso administrativo do rescate da concesión dos aparcadoiros xestionados por Conycase, os da Praza Fernando el Católico, Venezuela e Coruña, pois non teñen satisfeito os 487.306 euros de débeda ás arcas municipais.
Abel Caballero explicou que o 30 de outubro notificouse á empresa a obriga de satisfacer a débeda. O dia 5 de decembro rematou o prazo, sen ser satisfeita a débeda. Por tanto, o Concello, co informe de Patrimonio que desestimou ás alegacións presentadas pola empresa e seguindo as recomendacións dos técnicos, deu comezo ao rescate e aos trámites cara a recuperación da cantidade contraída.
O alcalde indicou que o servizo dos tres aparcadoiros non se suspenderá "en ningún momento" pois o Concello asumirá os custos derivados do rescate e ata a resolución do novo concurso público que se convocará.
Auditoría Eléctrica
O alcalde recibiu esta mañá o informe elaborado por Instalectra, Asociación de Empresarios de Electricidade e Telecomunicacións, financiado pola Consellería de Traballo, sobre o estado das instalacións eléctricas do edificio municipal.
O resultado da auditoría revela "múltiples deficiencias" nas instalacións, indicou Abel Caballero, algunhas "moi graves", e citou caixas de derivación sen protección en 7 dos 14 andares, interruptores sen tapa, cables non protexidos ou cadros indebidamente sinalizados.
O informe require de "actuación inmediata", afirmou o alcalde, polo que se encargará unha inspección oficial e homologada que indique o procedemento a seguir perante esta situación. Esto é un requirimento obrigatorio desde 2002, aínda que no Concello nunca se levou a cabo, segundo salientou o rexedor.
O alcalde explicou que esta inspección oficial deberá confirmar asemade se é preciso unha reforma integral da instalación, tal e como avanza Instalectra.
Descargar todas as imaxes