Vigo terá unha programación de Nadal "para todos os públicos" e chegará a todos os barrios e parroquias
O tenente de alcalde, Santi Domínguez subliñou este venres que, por segundo ano consecutivo Vigo terá "unha programación de Nadal insuperable e para todos os públicos", que comeza hoxe co encendido do alumeado. Na presentación das actividades que terán lugar na cidade con motivo destas festas, na que tamén participou o concelleiro de Cultura, Xesus López, salientaron como pratos fortes a Carpa Máxica do Carteiro Real "A aventura de ler", que estará ubicada na lonxa da casa do Concello, a pista de xeo, que se instalará en Castrelos, os ciclos de concertos de bandas e corais e o concerto de Nadal, e Vigolandia, que se celebrará no IFEVI.
"Por segundo ano consecutivo, na programación de Nadal aparece a Ría, que o marca todo como noutros lugares marca a neve", salientou Santi Domínguez. O tenente de alcalde indicou que o momento no que se inician as actividades navideñas corresponde co encendido do alumeado, que terá lugar hoxe ás 18 horas. "A desgraza é que este ano o iniciamos cunha nena no hospital", indicou o tenente de alcalde en referenza á rapaza de tres meses ferida na rúa de Príncipe, quen sinalou que a súa petición aos Reis Magos é "que se recupere". "Queremos encher a Ría de sons e ilusións e creo que conseguimos reunir un programa de actividades insuperable no que todos os públicos teñen cabida", salientou respecto á programación, polo que felicitou ao concelleiro de Cultura e ao seu equipo polo traballo desenvolvido para ofrecelo.
Xesus López destacou que a programación deste ano mantén os criterios do ano pasado, entre os que salientou a organización de actividades en todos os barrios e parroquias da cidade, pero con algunha novidade. Ao respecto mencionou a intervención nos ámbitos comerciais coa visita que realizarán o carteiro real aos distintos centros comerciais. Sinalou que unha das primeiras actividades que terán lugar será o concurso "Ventes cos Reis Magos", cuxo prazo de inscrición é do 9 ao 18 de decembro. Destacou o concerto Duplo R, organizado pola Concellería de Igualdade, que se celebrará na Sala A! o 19 de decembro ás 18 horas. "Consistirá en tres horas de espectáculo de hip hop, rap, grafittis e regueifas", explicou o edil do BNG. No eido musical salientou tamén a celebración dos ciclos de concertos de bandas e corais, que terán lugar en diversos puntos da cidade dende mañá, 6 de decembro, ata o 4 de xaneiro, así como o concerto de Nadal, que se celebrará o 22 de decembro no Centro Cultural Caixanova.
En canto a Vigolandia, que se desenvolverá o 26 de decembro de 16 a 21 horas e do 27 ao 30 de decembro de 11 a 21 horas, Xesus López destacou que este ano, como novidades, haberá servizo de gardería infantil, zona para adultos e ampliación das actividades para o tramo de idade de 9 a 14 anos. A Carpa Máxica, pola súa banda, instalarase na Lonxa do Concello do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro. Nela haberá actividades de animación para a lectura "A aventura de ler" e obradoiros para os máis pequenos.
Descargar todas as imaxes