Santi Domínguez anuncia que as obras transformarán a rúa Teófilo Llorente nun espazo peonil e con arborado
O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, anunciou este xoves que a rúa Teófilo Llorente experimentará unha profunda transformación tras as obras que se están levando a cabo e que contan cun orzamento de 994.308 euros. O nacionalista sinalou que a rúa terá un carácter eminentemente peonil, coa restrición do tráfico rodado, e nela se colocará arborado e mobiliario urbano.
Na vista que Santi Domínguez realizou ás obras, na que tamén participou a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, o tenente de alcalde destacou que a remodelación de Teófilo Llorente se enmarca nos traballos que se están realizando de recuperación integral do Casco Vello de Vigo. Segundo Domínguez, co acometemento destas actuacións integrarase a rúa Teófilo Llorente no Casco Vello, o cal ao seu xuízo resulta sumamente importante dada a gran concentración de actividade comercial que presenta.
O tenente de alcalde explicou que as obras, cun orzamento dun millón de euros, buscan "mellorar a comunicación entre a zona do mercado da Pedra e o Berbés" convertíndoa nunha rúa de carácter peonil co tráfico rodado que se restrinxirá ao de residentes e servizos. "O proxecto consiste en eliminar as diferencias de rasante nunha rúa lonxitudinal e de paso", explicou o tenente de alcalde, quen sinalou que tamén se desenvolverán traballos de mellora da accesibilidade na rotonda do Berbés, actualmente pechada ao tráfico, modificando o espazo de rodadura para facilitar a conexión peonil coa praza do Berbés. Así, haberá unha estrutura de rasante único, ao completar o pavimento existente para facelo continuo en toda a rúa.
A remodelación tamén inclúe a instalación de arborado novo e mobiliario urbano, a colocación dunha pasarela de madeira na marxe esquerda dende a baixada da praza da Pedra, o soterramento das liñas de telecomunicacións e electricidade, e a colocación de tres illas de contendores soterrados. As obras, que teñen un prazo de execución entre tres e catro meses, contan cun orzamento de 994.308 euros.
"Con esta actuación, nuns meses remataremos a visualización do bloque integrado pola praza da Constitución, a Colexiata e a Praza do Berbés, xa que están dando xa os últimos pasos da súa recuperación para a veciñanza", destacou Santi Domínguez.
Descargar todas as imaxes