A celebración do Bicentenario da Reconquista iniciarase en xaneiro cunha gran exposición no Museo de Castrelos
A celebración da Reconquista do 2009 comezará xa no mes de xaneiro coa posta en marcha da web www.reconquistadevigo.com, e a apertura da exposición "Reconquista 1809-2009" no Museo de Castrelos, segundo adiantou este mércores o tenente de alcalde, o Santi Domínguez. O programa conta cun amplo abano de actividades nas que se inclúen un simposio internacional con especialistas de recoñecido prestixio, teatro na rúa polos diversos barrios da cidade, un trofeo de traiñeras e dúas unidades didácticas dirixidas a escolares.
Santi Domínguez lembrou que xa hai meses dende Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura se asegurou que a programación na que se estaba a traballar para a conmemoración da Reconquista do 2009 sería moi especial. "E a día de hoxe estamos en condicións de anunciar diversos eventos que xa están pechados, aínda que se completarán con máis actividades culturais e deportivas ao longo do ano", destacou o tenente de alcalde. En primeiro lugar destacou a posta en marcha da web www.reconquistadevigo.com, que servirá para situar ao público no contexto histórico no que se producen os acontecementos e para dar a coñecer toda a programación de actos previstos. A web recollerá novas, axenda de actos, enlaces multimedia, contactos e programación do congreso napoleónico, entre outros aspectos da programación, e poderá consultarse en galego, castelán, inglés e Francés.
"O segundo fito importante desta programación refírese á exposición Reconquista 1809-2009 que se desenvolverá no Museo de Castrelos do 6 de xaneiro ao 31 de marzo", subliñou o tenente de alcalde. Ao respecto, Santi Domínguez salientou que se trata dunha mostra "moi ambiciosa que quixemos que tivera lugar no museo por antonomasia da cidade". Explicou que a día de hoxe xa está confirmada a cesión de pezas procedentes Arquivo Histórico Nacional, do Museo Naval de Madrid, do Museo Militar Rexional de A Coruña e do Museo Diocesano de Vigo – Tui. Algúns dos seus elementos serán uniformes e armas dos exércitos en conflicto; bandeiras dos rexementos vigueses na Reconquista; recreacións virtuais da propia batalla e do Vigo de hai 200 anos; unha montaxe audiovisual na que os visitantes poderán coñecer a historia da Reconquista polo miúdo; documentos, moitos inéditos, que un equipo de documentalistas están a rastrexar no Arquivo Histórico Militar, no Museo do Exército, na Biblioteca Nacional de Francia e na Biblioteca Británica; a recreación da vida cotiá dos vigueses e viguesas da época; e unha homenaxe a todas as festas da Reconquista organizadas polos veciños do Casco Vello ata o de agora.
Outro dos eventos que integra a programación é o simposio internacional sobre a Reconquista, que se celebrará os días 12 e 13 de marzo no Centro Social Caixanova e que traerá a Vigo a destacados expertos na época napoleónica. Ao respecto, o tenente de alcalde sinalou que xa está confirmada a participación de Michael Broers (Universidade de Oxford), Charles Esdaile (Universidade de Liverpool), Alicia Laspra (Universidade de Oviedo), Nuno Lemos Pires (historiador portugués), Jean René Aymes (Universidade da Sorbona-París), Michael Rapport (Universidade de Stirling-Escocia) e Xosé Ramón Barreiro (Universidade de Santiago). Indicou que tamén está convidado un descendente de Napoleón (é sobriño-neto), Charles Bonaparte, presidente da Federación Europea das Cidades Napoleónicas.
Santi Domínguez indicou que tamén se elaborarán dúas unidades didácticas, dirixidas ao alumnado de primaria e secundaria cuxo obxectivo consiste en achegar as celebracións á poboación escolar dun xeito ameno. Así, "Os bolechas" serán os protagonistas da unidade didáctica dirixida os mái pequenos, que poderán participar nun concurso de creatividade que será premiado con material escolar. Pola súa banda, a unidade dirixida aos rapaces e rapazas de secundaria inclúe a visita á exposición e un concurso sobre a festa da Reconquista, que terá como premio unha viaxe aos países directamente implicados neste acontecemento histórico.
O programa "A Reconquista na rúa" será outro dos aspectos salientables da conmemoración. Deste xeito, Santi Domínguez salientou que por primeira vez, o 31 de xaneiro, terá lugar a representación da chegada dos franceses á vila. Ademais, indicou que o programa supón a ampliación da celebración a diversos puntos da cidade, xa que as representacións levaranse a cabo en Bouzas, nas Avenidas (fronte ao Náutico), no Calvario, en Teis, na praza da Independencia e na praza da Constitución.
Ademais do concurso de deseño gráfico para elaborar o cartaz representativo da Reconquista, o tenente de alcalde destacou que está prevista a organización de diversas actividades paralelas de difusión. Neste sentido mencionou o traballo que se está levando a cabo con diversas revistas especializadas, a creación dunha canle de video en You Tube e a promoción da cidade e da Reconquista no Salón de Turismo de Madrid, FITUR.
Na súa intervención, o tenente de alcalde agradeceu expresamente a colaboración mantida coa Asociación de Veciños do Casco Vello, cuxo presidente Henrique Macías tamén participou na presentación dos actos da Reconquista 2009. Neste sentido, o presidente desta entidade agradeceu á Tenencia de Alcaldía "ter contado coa asociación dende o primeiro momento para elaborar o programa global da conmemoración". Ademais, Macías indicou que hoxe comeza o prazo de inscrición do concurso que seleccionará o cartaz divulgativo da programación, que obterá un premio de 1.000 euros para o gañador, mentres que se establecen dous accesit de 500 euros. Sinalou tamén que os cartaces se presentarán no local da A.V.C.Casco Vello, (rúa Oliva nº 12 baixo) e que as bases se poderán consultar no propio local da asociación así como na web www.avcascovello.com.
Descargar todas as imaxes