Escoitar

O Concello outorga ás dunas do Vao a "máxima protección" no ámbito local

O alcalde explicou que o goberno vigués aprobou este martes a declaración de espazo natural de interese local ao sistema dunar da praia de O Vao; o "maximo grao de proteción no ámbito local" que permitirá sancionar a calquera que dane as dunas, afirmou Abel Caballero.

martes, 2 dec 2008
1228226989playavao4.jpg
O goberno vigués aprobou este martes en sesión da Xunta Local a declaración de espazo natural de interese local ás dunas do areal de O Vao, un marco de protección medioambiental que permitirá sancionar a calquera responsable que dane o entorno dunar.

Así o informou este martes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen afirmou que a adopción desta declaración é unha "mensaxe" sobre a relevancia ecolóxica das dunas e o seu emprego.

O rexedor explicou que as dunas pasan a recibir o "máximo grao de protección no ámbito local", que da continuidade á recuperación do sistema dunar. Esta rexeneración "se fixo ben", sentenciou Abel Caballero, quen anunciou que se exportará o modelo ás dunas do este de Samil, que xa comezan a ocupar o paseo.

As escaleiras, antes do Nadal
O alcalde informou asemade que o goberno local aprobou un reformada para as escaleiras de Blein Budiño por valor de 133.000 euros cos que se pecha a obra. Abel Caballero estimou que serán inauguradas antes do Nadal.

Con este acordo do goberno vigués, o investimento total da obra se aproximará aos 750.000 euros, cantidade superior aos 500.000 previstos no proxecto. Abel Caballero explicou que tanto os tempos como o custo da obra foi mal calculada, pois se infravalorou a importancia da reforma.

Negociación co Porto
O alcalde informou que o goberno vigués autorizou ao departamento de Vías e Obras do Concello de Vigo a negociar coa Autoridade Portuaria a eliminación dunha taxa de 120.000 euros que paga o municipio en concepto de uso de espazo nos túneles de Beiramar. O acordo actual establece que o Concello se encarga da vixilancia e o mantemento da infraestrutura.

Saneamento e asociacións
O goberno tamén acordou este martes, segundo deu conta o alcalde, a achega de 200.000 euros para ampliar o saneamento no barrio de Teis. Ademais, se destinarán 9.000 para que a Asociación de Veciños Monte da Mina conte cun viveiro de asociacións.
Descargar todas as imaxes