Escoitar

Actos convocados con motivo do Día Mundial contra a SIDA

A concelleira de Benestar Social anima á cidadanía a participar nas diversas iniciativas programadas polas distintas entidades integradas no Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións do Concello de Vigo, con motivo da celebración do Día Mundial contra a SIDA.

luns, 1 dec 2008
1228136463sida.jpg
O 1 de decembro, Día Mundial de Loita contra a Sida, celebraranse diversos actos. Por unha banda, os Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres visitarán pola mañá o espazo de encontro do grupo de autoapoio VIH/SIDA e Adiccións IMAN. Ademais, diante do museo MARCO de 10 a 19 horas, Cedro-Grupo de Autoapoyo VIH/Sida e Adiccións IMAN organizarán a confección e acendido do tradicional lazo vermello de frores e velas, a lectura do documento reflexivo baseado na convocatoria de ONUSIDA, a presentación do cartazo definitivo da campaña de prevención "Dou a cara" e o reparto de "Bolsas que cotizan en saúde", con material informativo de diversas institucións.

Do 1 ao 5 de decembro, a Unidade Asistencial de Drogodependencias "Alborada" ten programada unha exposición de mensaxes, slogans e fotografías relacionados coa SIDA, que terá lugar nas instalacións da propia entidade.

O día 2, no salón multiusos dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres ás 16 horas, terá lugar a proxección dun filme sobre a temática do VIH/SIDA e o día 3, ás 10.30 horas, celebrarase a conferencia "Divulgación da campaña do Día Mundial contra o SIDA", impartida polo coordinador do grupo IMAN, Antón Bouzas, e posteriormente terá lugar o acendido do lazo vermello de velas e a lectura dun manifesto
Descargar todas as imaxes